Cespón acollerá unha xornada de voluntariado para retirar especies invasoras

As Brigadas de Retirada de Eucaliptos convocan unha xornada de voluntariado ambiental en Cespón o sábado 23 de maio, con retirada de especies invasoras pola mañá e proxección dun documental pola tarde. A iniciativa forma parte da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras e inclúe outras datas de encontro en Lousame, Ferrol, Baroña, Santiago, Vigo e […]
O artigo Cespón acollerá unha xornada de voluntariado para retirar especies invasoras publicouse primeiro en O Barbanza. As Brigadas de Retirada de Eucaliptos convocan unha xornada de voluntariado ambiental en Cespón o sábado 23 de maio, con retirada de especies invasoras pola mañá e proxección dun documental pola tarde. A iniciativa forma parte da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras e inclúe outras datas de encontro en Lousame, Ferrol, Baroña, Santiago, Vigo e
O artigo Cespón acollerá unha xornada de voluntariado para retirar especies invasoras publicouse primeiro en O Barbanza.  

As Brigadas de Retirada de Eucaliptos convocan unha xornada de voluntariado ambiental en Cespón o sábado 23 de maio, con retirada de especies invasoras pola mañá e proxección dun documental pola tarde. A iniciativa forma parte da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras e inclúe outras datas de encontro en Lousame, Ferrol, Baroña, Santiago, Vigo e Ferrol.

A parroquia de Cespón acollerá este sábado 23 de maio unha nova xornada das Brigadas de Retirada de Eucaliptos, unha proposta de voluntariado e concienciación ambiental aberta á participación de todas as persoas interesadas. A actividade desenvolverase dentro da Semana Ibérica sobre Especies Invasoras e centrarase na eliminación de mimosa e acacia negra na contorna do Colexio de Educación Primaria de Cespón.

A xornada comezará ás 10.00 horas na Mancomunidade de Deira-Pedroso, punto de saída para os labores de retirada das especies invasoras. A organización chama a colaborar nesta acción colectiva, orientada a protexer o medio natural e a sensibilizar sobre o impacto destas plantas exóticas sobre os ecosistemas locais.

Xa pola tarde, ás 17.00 horas, o Centro Comunitario de Cespón acollerá a proxección do documental Os Soños que Compartimos, da directora mexicana Valentina Leduc. A película conta coa participación de parte das persoas asistentes á iniciativa e presenta o traballo das brigadas en paralelo con outras loitas ambientais desenvolvidas en Europa e América Latina.

As persoas interesadas en participar na xornada do 23 de maio deben inscribirse por correo electrónico en info@montescola.org antes do 20 de maio. Ademais, o documental poderá verse noutros puntos nas vindeiras datas: o 21 de maio no Cinema Númax de Santiago de Compostela, o 22 de maio no C.S. Artábria de Ferrol e o 24 de maio no C.S. A Nubeira de Vigo.

A programación terá continuidade con novas convocatorias o 6 de xuño en Froxán (Lousame) e Montes do Chá (Ferrol), e o 20 de xuño en Baroña (Porto do Son). Luís Pérez Crujeiras

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas