O Concello de Ribeira rendeulle homenaxe este luns a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu falecemento, nun acto do Maio Cultural no que tamén quedaron instalados dous cadros do artista no novo Auditorio municipal. O recoñecemento contou cunha ofrenda floral e coa participación musical de Os Liantes de Artes. O Concello de Ribeira celebrou […]
O artigo Ribeira honra a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu pasamento publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira rendeulle homenaxe este luns a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu falecemento, nun acto do Maio Cultural no que tamén quedaron instalados dous cadros do artista no novo Auditorio municipal. O recoñecemento contou cunha ofrenda floral e coa participación musical de Os Liantes de Artes. O Concello de Ribeira celebrou
O artigo Ribeira honra a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu pasamento publicouse primeiro en O Barbanza.
O Concello de Ribeira rendeulle homenaxe este luns a Manuel Ayaso no terceiro aniversario do seu falecemento, nun acto do Maio Cultural no que tamén quedaron instalados dous cadros do artista no novo Auditorio municipal. O recoñecemento contou cunha ofrenda floral e coa participación musical de Os Liantes de Artes.

O Concello de Ribeira celebrou este luns un acto de lembranza a Manuel Ayaso, fillo predilecto do municipio, coincidindo co terceiro aniversario do seu falecemento. A homenaxe desenvolveuse no marco da programación do Maio Cultural 2026 e reuniu representantes institucionais, veciñanza e persoas vinculadas ao ámbito cultural e artístico local.
A alcaldesa, María Sampedro, subliñou durante o acto que Ayaso “representaba e representa a excelencia artística” e destacou que o seu legado segue “presente no presente coa garantía de chegar ao futuro”. A primeira parte da xornada consistiu nunha ofrenda floral xunto á escultura dedicada ao artista, situada na praza do Concello.

Despois, a homenaxe trasladouse ao novo Auditorio municipal, onde quedaron descubertos dous cadros que pasarán a formar parte da súa dotación artística. Un deles é unha obra de Ayaso de 1974, cedida en depósito pola súa filla Mónica. O outro é un retrato do propio pintor realizado por Fernando Yáñez, que doou a peza á Administración local.
Sampedro lembrou tamén que no pleno ordinario de xaneiro se aprobou o inicio dos trámites para facerse co legado artístico e bibliográfico de Ayaso. Segundo explicou, o obxectivo é completar os informes técnicos sobre o valor da obra e dispoñer despois dunha sala específica para a súa exposición durante os próximos cinco anos. “Este é un exemplo do compromiso do Concello de Ribeira por manter vivo o seu legado”, afirmou.
No acto tamén interviñeron o director do Museo do Gravado de Artes, Pastor Rodríguez, e o propio artista Fernando Yáñez, que explicaron parte da obra de Ayaso. A homenaxe concluíu coa actuación musical do grupo Os Liantes de Artes.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
