Medio Ambiente ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar as Illas Atlánticas

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da dirección do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, ofrecerá este verán un total de 368 rutas guiadas gratuítas e con arredor de 5.400 prazas dispoñíbeis para coñecer a natureza, o patrimonio cultural e arqueolóxico e a historia das illas que conforman este […]
O artigo Medio Ambiente ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar as Illas Atlánticas publicouse primeiro en O Barbanza. A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da dirección do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, ofrecerá este verán un total de 368 rutas guiadas gratuítas e con arredor de 5.400 prazas dispoñíbeis para coñecer a natureza, o patrimonio cultural e arqueolóxico e a historia das illas que conforman este
O artigo Medio Ambiente ofrece 368 rutas guiadas con arredor de 5.400 prazas para visitar as Illas Atlánticas publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través da dirección do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, ofrecerá este verán un total de 368 rutas guiadas gratuítas e con arredor de 5.400 prazas dispoñíbeis para coñecer a natureza, o patrimonio cultural e arqueolóxico e a historia das illas que conforman este espazo protexido.

Todas as rutas faranse en grupos reducidos co fin de ofrecer unha experiencia máis próxima e de calidade. No caso de Cíes e de Ons, as persoas interesadas en participar nalgunha das visitas con guía que se realizarán entre o 15 de xuño e o 15 de setembro poderán apuntarse tanto de xeito presencial, nas casetas de información localizadas nas propias illas, como a través da central de reservas.

En canto ás rutas guiadas polo arquipélago de Cortegada, cun total de 91 prazas pensadas para grupos de 14-15 persoas, só hai opción de reservar vía web. Baixo o título Cortegada, un bosque no medio do mar, ofreceranse en total oito visitas —os domingos 12, 19 e 26 de xullo; 2, 9, 23 e 30 de agosto; e o xoves 20 de agosto— e o prazo para reservar praza pecharase catro días antes da data de cada excursión. Habilitarase unha lista de agarda para cubrir as posibles baixas que se produzan entre os inscritos.

Ademais, no caso concreto de Cíes e Ons a solicitude a través da central de reservas en liña (na que haberá 156 prazas) deberá facerse cunha antelación máxima de 15 días e ata 24 horas antes da ruta; en canto ás inscricións de xeito presencial, tramitaranse o mesmo día nas illas. Neste caso, non se habilitará lista de agarda.

Debido ás obras que se están a executar en Sálvora, polo momento non hai visitas programadas nesta illa aínda que se tentará organizar algunha actividade guiada puntual a partir do mes de xullo da que se informará a través da páxina de reservas.

Dende Medio Ambiente subliñan que “aínda que todas estas rutas guiadas son totalmente gratuítas, os visitantes deberán facerse cargo do custo do seu traslado ata a illa”.

No caso de Cíes e Ons, ao existir transporte regular durante o verán, cada persoa debe solicitar a correspondente autorización de visita e o seu billete de barco. O guía, pola súa parte, estará esperando ao grupo nos puntos de información das illas.

Así e todo, no que respecta a Cortegada, unha illa que só se pode visitar en compañía dun guía especializado, o propio Parque Nacional organiza o grupo e contrata o transporte, pero o visitante, logo de reservar a súa praza a través da páxina habilitada, debe pagar o billete á navieira seguindo as indicacións que lle farán chegar.

En canto á temática, os percorridos están pensados para achegar aos participantes tanto aspectos naturais como culturais e histórico-etnográficos que axudan a coñecer cada un dos arquipélagos. As rutas ofertadas de maior percorrido e duración son Cíes, unha illa de paisaxes ou Ons: unha illa con dúas caras, nas que se visitan miradoiros e que permiten tratar contidos xerais sobre a biodiversidade e riqueza natural do entorno.

Máis centradas nos aspectos históricos e etnográficos destes arquipélagos, os visitantes poderán anotarse aos itinerarios Cíes: unha viaxe no tempo, Ons: un pobo no mar ou Os primeiros poboadores de Ons. Tamén se ofrecen outras máis curtas e específicas como Entre mareas, O segredo da praia de Rodas, Silencio…píase! ou Por que as augas están tan frías, que se centran nalgún aspecto específico como a zona intermareal, o complexo lago-duna de Rodas ou as aves e vida mariñas.

Dúas décadas do programa

Este programa de rutas de verán do Parque Nacional naceu en 2004, ofertando nun principio visitas guiadas a Cíes e Ons e ampliando a actividade a partir do ano 2017 tamén aos outros arquipélagos. Grazas a el, estímase que puideron visitar estes espazos naturais aproximadamente unhas 65.000 persoas nos máis de 20 anos que leva activo.

Ante a boa acollida detectada a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático tenta manter e mesmo reforzar a oferta cada tempada estival.

Así mesmo e á marxe do programa de rutas guiadas organizado pola dirección do Parque Nacional, cómpre lembrar que nos catro arquipélagos hai un total de 10 itinerarios peonís sinalizados que permiten coñecer de primeira man as zonas máis relevantes das illas. Cada un deles está indicado cunha cor e hai folletos explicativos sobre o percorrido tanto na web como nas casetas de información de Cíes e de Ons.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas