Patrimonio, fotografía e contorna dixital son as tres temáticas nas que se centra a décima edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia en Ribeira. Máis de medio cento de veciños e veciñas que superan os 50 anos de idade participan neste proxecto que […]
O artigo A 10ª edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia (USC) arrinca en Ribeira con máis de medio cento de participantes publicouse primeiro en O Barbanza. Patrimonio, fotografía e contorna dixital son as tres temáticas nas que se centra a décima edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia en Ribeira. Máis de medio cento de veciños e veciñas que superan os 50 anos de idade participan neste proxecto que
O artigo A 10ª edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia (USC) arrinca en Ribeira con máis de medio cento de participantes publicouse primeiro en O Barbanza.
Patrimonio, fotografía e contorna dixital son as tres temáticas nas que se centra a décima edición do programa de democratización do coñecemento da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Camiños de Coñecemento e Experiencia en Ribeira.
Máis de medio cento de veciños e veciñas que superan os 50 anos de idade participan neste proxecto que comezou na tarde deste venres 5 de xuño, co Centro Cultural Lustres Rivas como epicentro formativo. Acompañada da directora do IV Ciclo na USC, Esther Olveira, a concelleira de Educación, Nucha Brión, achegouse ata o lugar para saudar ás persoas participantes e comprobar o “éxito” dunha nova convocatoria, á que se suma tamén o IV Ciclo; uns proxectos que “fomentan o envellecemento activo da nosa veciñanza ao mesmo tempo que supón un enriquecemento persoal ao aprender sobre distintas
temáticas”, sinalou.

O seminario O documentalismo fotográfico: do Photo-Secession ás redes sociais marcou o inicio das clases neste 5 de xuño, da man de Katia Cino Rouco, investigadora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica deste programa universitario, quen proseguirá no día 11 cun obradoiro.

José Manuel Vázquez Lijó, profesor doutor colaborador do IV Ciclo, ensinará sobre Pazos: microcosmos de antano no día 8 para levar a práctica a unha saída cultural ao Pazo de Goiáns no día 9. Finalizarase no día 10 con Álvaro Dosil Rosende, profesor da Facultade de Ciencias da Educación, para aprender sobre O uso do móbil, sácalle partido e rematar xa coa lección no día 12.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
