Máis de 65 equipos participan no Torneo Nocturno de Volei de Praia da Pobra

A praia de Cabío acollerá os días 15 e 16 de agosto o Torneo Nocturno de Volei de Praia Concello da Pobra, unha cita que contará coa participación de máis de 65 equipos pertencentes a clubs de toda Galicia. A competición comezará o sábado 15, ás 9.00 horas, cos encontros preliminares da fase de grupos. […]
O artigo Máis de 65 equipos participan no Torneo Nocturno de Volei de Praia da Pobra publicouse primeiro en O Barbanza. A praia de Cabío acollerá os días 15 e 16 de agosto o Torneo Nocturno de Volei de Praia Concello da Pobra, unha cita que contará coa participación de máis de 65 equipos pertencentes a clubs de toda Galicia. A competición comezará o sábado 15, ás 9.00 horas, cos encontros preliminares da fase de grupos.
O artigo Máis de 65 equipos participan no Torneo Nocturno de Volei de Praia da Pobra publicouse primeiro en O Barbanza.  

A praia de Cabío acollerá os días 15 e 16 de agosto o Torneo Nocturno de Volei de Praia Concello da Pobra, unha cita que contará coa participación de máis de 65 equipos pertencentes a clubs de toda Galicia.

A competición comezará o sábado 15, ás 9.00 horas, cos encontros preliminares da fase de grupos. Os oito mellores equipos desta primeira parte accederán a un cadro de dobre eliminación, no que se medirán aos oito cabezas de serie.

A actividade continuará á medianoite, co inicio dos partidos do cadro, que se prolongarán ata as 4.00 horas da madrugada.

O torneo retomarase o domingo 16, a partir das 10.00 horas, coa disputa dos oitavos de final, os cuartos de final e as semifinais. As finais celebraranse ás 18.00 horas e pecharán a programación deportiva da fin de semana.

A cita contará con categoría masculina e feminina. Ao remate da competición entregaranse trofeos aos tres mellores equipos de cada categoría.

O Concello da Pobra do Caramiñal anima á veciñanza e ás persoas visitantes a achegarse á praia de Cabío para seguir os encontros e gozar desta cita deportiva.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas