A campaña Fóra Stocks Boiro 2026, organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), pechou este sábado a súa edición cunha gran xornada no Mercado Municipal de Boiro, que combinou promoción comercial, actividades para as familias, música e o sorteo de 300 euros en Bonos ABE. Durante os días 20, 21 e 22 de agosto, os […]
O artigo Fóra Stocks Bioro pecha tres días de promoción comercial cunha gran xornada no Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza. A campaña Fóra Stocks Boiro 2026, organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), pechou este sábado a súa edición cunha gran xornada no Mercado Municipal de Boiro, que combinou promoción comercial, actividades para as familias, música e o sorteo de 300 euros en Bonos ABE. Durante os días 20, 21 e 22 de agosto, os
O artigo Fóra Stocks Bioro pecha tres días de promoción comercial cunha gran xornada no Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza.

A campaña Fóra Stocks Boiro 2026, organizada pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), pechou este sábado a súa edición cunha gran xornada no Mercado Municipal de Boiro, que combinou promoción comercial, actividades para as familias, música e o sorteo de 300 euros en Bonos ABE.
Durante os días 20, 21 e 22 de agosto, os establecementos participantes ofreceron á súa clientela descontos, promocións e ofertas especiais de fin de tempada, nunha iniciativa destinada a dinamizar a actividade comercial e dar maior visibilidade aos negocios locais.
En palabras da ABE, “a resposta da cidadanía foi moi positiva ao longo dos tres días, especialmente durante as últimas xornadas, nas que os establecementos participantes rexistraron unha elevada afluencia de clientes interesados nas promocións e oportunidades de compra vinculadas á campaña”.
A xornada do sábado serviu como colofón á campaña e comezou ás 11:30 horas no Mercado Municipal, coa posta en marcha dos talleres infantís de tatuaxes temporais e do punto de información da ABE, onde as persoas que realizaron compras nos establecementos participantes puideron presentar os seus tíckets para participar no sorteo presencial.
Ao longo da mañá tamén se realizou o reparto de 800 bolsas reutilizábeis da campaña da Xunta de Galicia O Comercio Compensa, que tiveron unha excelente acollida entre as persoas que se achegaron ata o Mercado Municipal. As bolsas esgotáronse durante a xornada.

A actividade incrementouse a partir das 13:00 horas coa actuación musical de Andrea & The Black Cats, que puxo ambiente á mañá e acompañou os momentos previos ao sorteo. A convocatoria reuniu a centos de persoas na contorna do Mercado Municipal, cunha importante presenza de familias.
300 euros en Bonos ABE
Un dos momentos centrais da mañá chegou ás 13:30 horas, co sorteo presencial de 300 euros en Bonos ABE entre os clientes que realizaron compras nos establecementos participantes durante os días da campaña.
En apenas dúas horas, foron 1.124 as rifas trocadas para participar no sorteo, que repartiu tres premios de 100 euros en Bonos ABE cada un.
As persoas premiadas foron: Alicia María Romero Luaces, Laura del Rio Urruchi e Antía Borrajo Conde.
Os premios permanecerán dentro do propio tecido comercial boirense, xa que os Bonos ABE poderán ser utilizados nos establecementos adheridos.

Apoio institucional ao comercio local
A xornada contou coa presenza de Gabriel Alén, director xeral de Comercio da Xunta de Galicia, así como do alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e do concelleiro de Comercio, Roberto Lojo, que acompañaron á ABE durante a celebración da actividade.
Durante a súa intervención, Gabriel Alén puxo en valor o papel da Asociación Boirense de Empresas como “entidade dinamizadora do comercio e do tecido empresarial local” e destacou “a importancia de iniciativas deste tipo para manter activa a economía local e achegar o comercio á cidadanía”. Tamén salientou o apoio da Xunta de Galicia ás iniciativas de dinamización promovidas polas asociacións empresariais.
Pola súa parte, o alcalde de Boiro felicitou a ABE polo desenvolvemento da campaña e animou á asociación e aos establecementos locais a continuar nesta liña de traballo, promovendo novas iniciativas que contribúan a dinamizar a actividade económica e comercial do municipio.
Desde a Asociación Boirense de Empresas, o seu presidente, Daniel García, destacou “a elevada participación rexistrada durante os tres días” e agradeceu tanto aos establecementos participantes como á cidadanía a súa implicación na campaña.
Segundo sinalou, Fóra Stocks Boiro volveu demostrar que “cando o comercio sae á rúa e se acompaña de actividade, promoción e participación, xérase un maior movemento arredor dos negocios locais”, contribuíndo tamén a incrementar as oportunidades de venda nun período especialmente importante para os establecementos que afrontan o remate da tempada de verán.
Unha campaña para dinamizar Boiro
A campaña permitiu durante tres días que os negocios participantes sacasen á rúa as súas promocións de fin de tempada e ofrecésenlle á clientela novas oportunidades de compra, combinando a actividade comercial con diferentes propostas de dinamización.
A xornada de clausura no Mercado Municipal completou a programación cunha proposta que combinou actividades infantís, música, promoción comercial e participación cidadá, creando un punto de encontro arredor do comercio local.
Desde a ABE destacan que “o obxectivo destas iniciativas é crear actividade arredor do comercio, favorecer a visibilidade dos establecementos e xerar novas oportunidades para os negocios locais, ao tempo que se ofrece á cidadanía unha experiencia comercial máis dinámica”.
A valoración da entidade sobre esta edición é “moi positiva, tanto pola participación dos negocios como pola resposta da cidadanía durante os tres días”, salientou a ABE, poñendo o foco en que “o resultado confirma a importancia de seguir apostando por campañas que combinen promoción comercial e dinamización da vida urbana”.
Boiro Xoga, a próxima gran cita
A asociación xa está a preparar a súa próxima gran campaña de dinamización comercial, Boiro Xoga, seleccionada pola Xunta de Galicia como unha das campañas extraordinarias de comercio deste ano.
A iniciativa será presentada proximamente e chegará con novas propostas para os establecementos e para a cidadanía, dando continuidade ao calendario de actividades promovidas pola ABE ao longo do ano.
Con esta xornada, a Asociación Boirense de Empresas pon o punto final a unha nova campaña de dinamización comercial que, durante tres días, volveu situar o comercio local no centro da actividade de Boiro e que deixa paso xa á seguinte gran iniciativa da entidade.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
