Budiño presenta “Branca Vela” este domingo no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal

O vindeiro 23 de agosto, Budiño chega á Pobra do Caramiñal para presentar Branca Vela, o seu novo espectáculo. Debido ás previsións meteorolóxicas, o concerto celebrarase finalmente no Teatro Elma, con inicio ás 20:30 horas. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. Branca Vela é unha proposta que combina unha potente posta […]
O artigo Budiño presenta “Branca Vela” este domingo no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal publicouse primeiro en O Barbanza. O vindeiro 23 de agosto, Budiño chega á Pobra do Caramiñal para presentar Branca Vela, o seu novo espectáculo. Debido ás previsións meteorolóxicas, o concerto celebrarase finalmente no Teatro Elma, con inicio ás 20:30 horas. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto. Branca Vela é unha proposta que combina unha potente posta
O artigo Budiño presenta “Branca Vela” este domingo no Teatro Elma da Pobra do Caramiñal publicouse primeiro en O Barbanza.  

O vindeiro 23 de agosto, Budiño chega á Pobra do Caramiñal para presentar Branca Vela, o seu novo espectáculo. Debido ás previsións meteorolóxicas, o concerto celebrarase finalmente no Teatro Elma, con inicio ás 20:30 horas. A entrada será libre ata completar a capacidade do recinto.

Branca Vela é unha proposta que combina unha potente posta en escena, unha coidada produción audiovisual e un universo sonoro no que tradición e vangarda dialogan con naturalidade. Sobre o escenario, Budiño percorre o seu propio camiño musical a través dun repertorio que une a forza da percusión tradicional coa electrónica orgánica, construíndo unha experiencia intensa, emocionante e chea de matices.

Recoñecido como un dos artistas máis innovadores da música galega, Budiño ofrece un espectáculo pensado para emocionar e sorprender, reafirmando unha traxectoria artística na que a raíz e a innovación conviven con naturalidade.

O concerto enmárcase na programación cultural de verán da Pobra do Caramiñal e será unha excelente oportunidade para gozar en directo dun dos proxectos musicais máis destacados da escena galega actual.

O evento conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco dos Concertos do Xacobeo.

Domingo 23 de agosto · 20:30 h
Teatro Elma · A Pobra do Caramiñal
Entrada libre ata completar a capacidade do recinto.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas