Un ciclista tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste venres a bordo dun helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída cando circulaba polo termo municipal de Padrón. O suceso tivo lugar pasadas as 16:20 horas nas inmediacións da rotonda da Picaraña, situada na parroquia de Cruces. Segundo informou o servizo do 112 Galicia, o […]
O artigo Evacuado en helicóptero un ciclista tras sufrir unha caída na Picaraña publicouse primeiro en O Barbanza. Un ciclista tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste venres a bordo dun helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída cando circulaba polo termo municipal de Padrón. O suceso tivo lugar pasadas as 16:20 horas nas inmediacións da rotonda da Picaraña, situada na parroquia de Cruces. Segundo informou o servizo do 112 Galicia, o
O artigo Evacuado en helicóptero un ciclista tras sufrir unha caída na Picaraña publicouse primeiro en O Barbanza.
Un ciclista tivo que ser evacuado de urxencia na tarde deste venres a bordo dun helicóptero medicalizado tras sufrir unha caída cando circulaba polo termo municipal de Padrón. O suceso tivo lugar pasadas as 16:20 horas nas inmediacións da rotonda da Picaraña, situada na parroquia de Cruces.
Segundo informou o servizo do 112 Galicia, o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 xa tiña en marcha o protocolo de mobilización da aeronave con base en Santiago no momento en que entraron as primeiras chamadas de alerta. O equipo médico prestou a primeira asistencia á vítima no propio lugar antes de proceder ao seu traslado por vía aérea.
Para colaborar na zona e facilitar a toma de terra da aeronave e a atención á vítima, o centro de emerxencias coordinou a intervención de efectivos da Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Padrón, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) e o Servizo Municipal de Protección Civil do municipio padronés.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
