A Deputación da Coruña celebrou este sábado 7 de novembro, no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, un novo seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha iniciativa que busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas para mellorar a súa seguridade, reforzar a confianza e aprender a reaccionar ante posibles situacións de risco ou agresión. A deputada […]
O artigo A Deputación organizou en Ribeira un curso de defensa persoal feminina para aprender a previr e actuar ante situacións de risco ou agresión publicouse primeiro en O Barbanza. A Deputación da Coruña celebrou este sábado 7 de novembro, no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, un novo seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha iniciativa que busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas para mellorar a súa seguridade, reforzar a confianza e aprender a reaccionar ante posibles situacións de risco ou agresión. A deputada
O artigo A Deputación organizou en Ribeira un curso de defensa persoal feminina para aprender a previr e actuar ante situacións de risco ou agresión publicouse primeiro en O Barbanza.

A Deputación da Coruña celebrou este sábado 7 de novembro, no Complexo Deportivo da Fieiteira, en Ribeira, un novo seminario intensivo de defensa persoal feminina, unha iniciativa que busca proporcionar ás mulleres ferramentas prácticas para mellorar a súa seguridade, reforzar a confianza e aprender a reaccionar ante posibles situacións de risco ou agresión.
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, asistiu á clausura da actividade e participou na entrega de diplomas ás asistentes. Durante o acto, destacou a boa acollida da actividade e a utilidade práctica dos coñecementos adquiridos para a defensa persoal das mulleres.
Na clausura tamén participaron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, a concelleira de Cultura, Ana Barreiro, e máis o voceiro local do grupo socialista, Fran Suárez-Puerta.
O seminario, de carácter gratuíto e tres horas de duración, foi impartido por especialistas da Escola de Defensa Persoal HKF e combinou técnicas básicas de autoprotección con formación sobre prevención, xestión do medo e capacidade de resposta ante situacións de perigo.
Esta actividade forma parte da quinta edición do programa de defensa persoal feminina da Deputación da Coruña. Tras pasar por Dumbría, Vimianzo, Valdoviño, As Pontes e Ribeira, os seminarios continuarán nas próximas semanas en Padrón e Rianxo.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
