Besteiro di que Rueda debe aceptar a transferencia da AP-9 e “non poñer trabas”

José Ramón Gómez Besteiro criticou hoxe desde Pontecesures ao Partido Popular, nunha xuntanza con candidatas e candidatos socialistas dos concellos da contorna ao Congreso e ao Senado (pola Coruña e por Pontevedra), por “non apoiar a transferencia da autoestrada do Atlántico, a AP-9”. Segundo dixo, “fronte ás bonificacións que durante os gobernos de Pedro Sánchez […]
O artigo Besteiro di que Rueda debe aceptar a transferencia da AP-9 e “non poñer trabas” publicouse primeiro en O Barbanza. José Ramón Gómez Besteiro criticou hoxe desde Pontecesures ao Partido Popular, nunha xuntanza con candidatas e candidatos socialistas dos concellos da contorna ao Congreso e ao Senado (pola Coruña e por Pontevedra), por “non apoiar a transferencia da autoestrada do Atlántico, a AP-9”. Segundo dixo, “fronte ás bonificacións que durante os gobernos de Pedro Sánchez
O artigo Besteiro di que Rueda debe aceptar a transferencia da AP-9 e “non poñer trabas” publicouse primeiro en O Barbanza.  

José Ramón Gómez Besteiro criticou hoxe desde Pontecesures ao Partido Popular, nunha xuntanza con candidatas e candidatos socialistas dos concellos da contorna ao Congreso e ao Senado (pola Coruña e por Pontevedra), por “non apoiar a transferencia da autoestrada do Atlántico, a AP-9”.

Segundo dixo, “fronte ás bonificacións que durante os gobernos de Pedro Sánchez aforraron 420 millóns aos usuarios e usuarias, o que fixo o Partido Popular é negocio para os seus amigos e peaxes para o resto de galegos e galegas”.

O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego defendeu que foron os socialistas quen abriron “o camiño para que a AP-9 sexa gratuíta, e Rueda debe aceptar a transferencia e deixar de poñer trabas”.

Segundo dixo, o PP “negouse primeiro a iniciar ese camiño cara á gratuidade, e agora oponse á transferencia”, insistiu, engadindo que “somos os únicos que podemos garantir esa gratuidade total da AP-9”, xa que, comentou, “estamos a falar dunha medida que o PP votou a favor en Galicia e en contra en Madrid”.

Dixo tamén que “mentres os populares reclaman a eliminación das peaxes e poñen paus nas rodas, teñen sen resolver o problema das autoestradas que son competencia da Xunta”. O PP, comentou, “condenounos a todos e todas a unhas peaxes altísimas na AG-55 e na AG-57, nas que as concesionarias son as mesmas que na AP-9 e na AP-53”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas