Rianxo acolle este venres a preestrea de O Miradoiro, de Isa Fernández

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 13 de novembro a preestrea da obra O Miradoiro, de Alomais Teatro, texto gañador do XX Premio Abrente da MIT de Ribadavia no ano 2025, escrito por Isa Fernández. A cita será este venres ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Trátase […]
O artigo Rianxo acolle este venres a preestrea de <em>O Miradoiro</em>, de Isa Fernández publicouse primeiro en O Barbanza. O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 13 de novembro a preestrea da obra O Miradoiro, de Alomais Teatro, texto gañador do XX Premio Abrente da MIT de Ribadavia no ano 2025, escrito por Isa Fernández. A cita será este venres ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Trátase
O artigo Rianxo acolle este venres a preestrea de <em>O Miradoiro</em>, de Isa Fernández publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este venres 13 de novembro a preestrea da obra O Miradoiro, de Alomais Teatro, texto gañador do XX Premio Abrente da MIT de Ribadavia no ano 2025, escrito por Isa Fernández.

A cita será este venres ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. Trátase dunha recomendada para maiores de 14 anos, duns 80 minutos de duración.

A entrada será de balde até completar a capacidade, con recollida de convites dende unha hora antes do comezo da función (máximo 2 por persoa)

O Miradoiro fala da condición humana no século XXI, da loita entre o ideal e o real, dos coidados, a comunicación, as brechas. Das arquitecturas dun pensamento moldeado pola inmediatez e a fragmentación dos discursos. 

O texto une barrio e existencialismo na procura dun teatro que nos interpele como comunidade, que sexa espello pero tamén fiestra na que avistar outros horizontes posíbeis.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas