A 2ª edición de “Di-versos” conta coa participación de tódolos centros de educación primaria de Ribeira

O Concello de Ribeira executa a segunda edición do proxecto Di-versos. Cancións diversas pola diversidade, o cal conta coa participación de tódolos centros de educación primaria do municipio, con alumnado de 3º ciclo (preferentemente 5º ou 6º curso). Nesta semana estívose traballando co CEIPP de Palmeira. A dita iniciativa, financiada ao abeiro do Plan Corresponsables, […]
O artigo A 2ª edición de “Di-versos” conta coa participación de tódolos centros de educación primaria de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira executa a segunda edición do proxecto Di-versos. Cancións diversas pola diversidade, o cal conta coa participación de tódolos centros de educación primaria do municipio, con alumnado de 3º ciclo (preferentemente 5º ou 6º curso). Nesta semana estívose traballando co CEIPP de Palmeira. A dita iniciativa, financiada ao abeiro do Plan Corresponsables,
O artigo A 2ª edición de “Di-versos” conta coa participación de tódolos centros de educación primaria de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Ribeira executa a segunda edición do proxecto Di-versos. Cancións diversas pola diversidade, o cal conta coa participación de tódolos centros de educación primaria do municipio, con alumnado de 3º ciclo (preferentemente 5º ou 6º curso). Nesta semana estívose traballando co CEIPP de Palmeira.

A dita iniciativa, financiada ao abeiro do Plan Corresponsables, ten como obxectivos marcados “a toma de conciencia da diversidade natural, social e cultural dende unha perspectiva de xénero e de dereitos da nenez; promover valores de igualdade, corresponsabilidade e coidados; reflexionar sobre usos do tempo, roles de xénero e masculinidades igualitarias; crear unha canción que aborde a diversidade con enfoque nas temáticas do Plan Corresponsables; e divulgar esta melodía no centro, na comunidade educativa e polas redes sociais como exemplo de boas prácticas en igualdade”.

Abórdanse, polo tanto, as temáticas da igualdade de xénero; a corresponsabilidade; as masculinidades igualitarias e usos do tempo.

“Emprégase a música como unha ferramenta pedagóxica para educar á rapazada nos valores da igualdade de xénero e na corresponsabilidade. A educación é a base de todo”, sinalou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño. Desenvolvemento da actividade

O proxecto atópase na metade da súa execución, finalizando no 12 de xuño. Realízanse dúas sesións de creación e gravación dunha hora cada unha, en horario lectivo, máis o traballo de edición final do material. Previamente, traballouse na aula a elaboración de ideas ou textos sobre as temáticas devanditas. Unha vez creadas, gravadas e editadas, as cancións divúlganse polas redes sociais do centro, do Concello e das entidades organizadoras.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas