A ANPA Santa Uxia do CEIP O Grupo de Ribeira (xunto co CEIP e o CAFI no marco da Escola de Nais e Pais) organizou na tarde deste mércores 8 de abril unha conferencia coa psicóloga local Carmen Hermo sobre acoso escolar, que se celebrou na Aula de Aprendizaxe do dito centro educativo. Foi unha […]
O artigo A ANPA Santa Uxía organizou unha charla sobre acoso escolar impartida pola experta Carmen Hermo publicouse primeiro en O Barbanza. A ANPA Santa Uxia do CEIP O Grupo de Ribeira (xunto co CEIP e o CAFI no marco da Escola de Nais e Pais) organizou na tarde deste mércores 8 de abril unha conferencia coa psicóloga local Carmen Hermo sobre acoso escolar, que se celebrou na Aula de Aprendizaxe do dito centro educativo. Foi unha
O artigo A ANPA Santa Uxía organizou unha charla sobre acoso escolar impartida pola experta Carmen Hermo publicouse primeiro en O Barbanza.

A ANPA Santa Uxia do CEIP O Grupo de Ribeira (xunto co CEIP e o CAFI no marco da Escola de Nais e Pais) organizou na tarde deste mércores 8 de abril unha conferencia coa psicóloga local Carmen Hermo sobre acoso escolar, que se celebrou na Aula de Aprendizaxe do dito centro educativo.
Foi unha charla amena e didáctica na que os asistentes tiveron ocasión de obter ferramentas para identificar, afrontar e combater o acoso escolar, tanto dende o interior da comunidade educativa ou dende o exterior na sociedade, así como dende a perspectiva de que os nenos e nenas sexan os acosados ou os acosadores.
Na charla incidiuse en “que acoso e ciberacoso son dúas problemáticas reais que poden condicionar o crecemento, desenvolvemento e incluso as vidas dos nosos fillos e fillas”.
Esta charla foi demandada por varias familias e a ela asistiron, malia a demanda e a importancia da cuestión tratada, só unha quincena de persoas, segundo informou a ANPA, que compartiu nun comunicado a súa intención de “ter maior éxito nas conferencias futuras, xa que estamos preparando outra para maio e unha máis para xuño”.
Na sesión deste mércores tocáronse cuestións como a formación e a información en temáticas de acoso, o ciberacoso, a disciplina positiva, as pantallas, a sexualidade ou a inclusión, entre outros asuntos fundamentais para as familias.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
