A Asociación A Gamela de Cabo celebra cunhas xornadas de esperanza e liberdade o seu 25 aniversario

A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, con sede en Cabo de Cruz, vai celebrar esta fin de semana o seu 25 aniversario, no Centro Social de Cabo o venres e o sábado 13 e 14 de novembro. Farao coas Xornadas de Esperanza e Liberdade, que buscan conmemorar estes cinco lustros de andaina […]
O artigo A Asociación A Gamela de Cabo celebra cunhas xornadas de esperanza e liberdade o seu 25 aniversario publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, con sede en Cabo de Cruz, vai celebrar esta fin de semana o seu 25 aniversario, no Centro Social de Cabo o venres e o sábado 13 e 14 de novembro. Farao coas Xornadas de Esperanza e Liberdade, que buscan conmemorar estes cinco lustros de andaina
O artigo A Asociación A Gamela de Cabo celebra cunhas xornadas de esperanza e liberdade o seu 25 aniversario publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Asociación Cultural e de Tradicións Mariñeiras A Gamela, con sede en Cabo de Cruz, vai celebrar esta fin de semana o seu 25 aniversario, no Centro Social de Cabo o venres e o sábado 13 e 14 de novembro. Farao coas Xornadas de Esperanza e Liberdade, que buscan conmemorar estes cinco lustros de andaina da entidade e reivindicar a cultura, as tradicións e a memoria mariñeiras.

A axenda incluirá proxeccións, coloquios, actividades mariñeiras e un encontro arredor da historia colectiva e compartida da xente a carón do mar.

Os actos arrancarán o venres 13 de novembro, ás 19:30 horas, coa proxección do documental A Campaña do Argus, seguida dun coloquio que permitirá compartir reflexións e experiencias arredor desta historia.

O sábado 14, a xornada dará comezo ás 10:00 horas coa chegada das persoas participantes.

A programación da mañá inclúe diferentes actividades como Mar feito palabra, a proxección dos 25 anos da asociación e o espazo-faladoiro Esperanza e Liberdade. Conversas na memoria. A axenda rematará cun xantar (previa inscrición)

Con esta celebración, a asociación Gamela quere reivindicar o valor do patrimonio cultural e inmaterial ligado ao mar, así como o traballo colectivo desenvolvido ao longo deste cuarto de século para manter vivas as tradicións mariñeiras e transmitir ás novas xeracións unha parte fundamental da identidade do Cabo da Cruz e da súa xente.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas