O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón) acollerá durante os domingos 15, 22 e 29 de novembro, e o sábado 5 de decembro, a décima edición do ciclo de teatro afeccionado BocAberta, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Club de Maiores […]
O artigo O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira abre este domingo en Boqueixón o X Ciclo BocAberta publicouse primeiro en O Barbanza. O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón) acollerá durante os domingos 15, 22 e 29 de novembro, e o sábado 5 de decembro, a décima edición do ciclo de teatro afeccionado BocAberta, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Club de Maiores
O artigo O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira abre este domingo en Boqueixón o X Ciclo BocAberta publicouse primeiro en O Barbanza.

O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón) acollerá durante os domingos 15, 22 e 29 de novembro, e o sábado 5 de decembro, a décima edición do ciclo de teatro afeccionado BocAberta, organizado polo Concello de Boqueixón en colaboración coa Rede Cultural da Deputación Provincial da Coruña e a Asociación Club de Maiores de Boqueixón. Catro sesións dirixidas a todos os públicos e que terán lugar ás 17:30 horas. Entrada libre e de balde ata completar aforo.

Para conmemorar esta décima edición, o grupo local da Asociación Club de Maiores de Boqueixón aproveitará para presentar a súa nova obra, Nós somos así, unha divertida comedia na que un científico e unha prestixiosa filósofa afrontan unha investigación de gran relevancia para o futuro: é certo que os galegos non temos remedio? Será o sábado 5 de decembro e servirá para clausurar o festival.
Un ciclo que abrirá as súas portas este domingo 15 de novembro, ás 17:30 horas, con De tal pau…, unha comedia do Grupo Municipal de Teatro de Ribeira na que participa un elenco de 14 persoas dirixidas por Óscar Romero. A obra xira en torno a tres mulleres que asisten á voda dunha amiga íntima acompañadas polas súas nais. A noiva entrará en pánico e pedirá axuda ás súas amigas, sen sospeitar que ao comité de rescate tamén se sumarán as nais, dando lugar ás habituais pelexas entre nais e fillas.
Tomará o relevo Bradomín Teatro (A Pobra), con Reunión familiar, unha disparatada comedia chea de discusións absurdas e malentendidos o domingo 23 de novembro. Finalmente, Charamela Teatro (Melide) actuará o domingo 29 de novembro coa peza Un xogo desastroso, unha comedia familiar chea de enredos.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
