A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á descarga de centola na Lonxa de Ribeira, coincidindo cos primeiros días da campaña extractiva 2026-2027, que comezou o pasado luns, 9 de novembro. Durante a visita, destacou “a calidade deste crustáceo e a importancia da súa comercialización para a actividade económica da frota artesanal e das […]
O artigo A conselleira do Mar destaca en Ribeira a calidade da nosa centola publicouse primeiro en O Barbanza. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á descarga de centola na Lonxa de Ribeira, coincidindo cos primeiros días da campaña extractiva 2026-2027, que comezou o pasado luns, 9 de novembro. Durante a visita, destacou “a calidade deste crustáceo e a importancia da súa comercialización para a actividade económica da frota artesanal e das
O artigo A conselleira do Mar destaca en Ribeira a calidade da nosa centola publicouse primeiro en O Barbanza.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asistiu hoxe á descarga de centola na Lonxa de Ribeira, coincidindo cos primeiros días da campaña extractiva 2026-2027, que comezou o pasado luns, 9 de novembro. Durante a visita, destacou “a calidade deste crustáceo e a importancia da súa comercialización para a actividade económica da frota artesanal e das lonxas galegas”.
Villaverde interesouse polo desenvolvemento das primeiras xornadas de traballo e polas impresións do sector sobre o inicio da campaña. Neste sentido, puxo en valor “a boa calidade dos exemplares capturados, unha circunstancia destacada polos profesionais, aínda que as primeiras descargas están a presentar resultados desiguais entre os distintos portos debido, entre outros factores, ás condicións meteorolóxicas”.

Segundo dixo, “os primeiros datos de comercialización reflicten unha evolución positiva das cotizacións, cun prezo medio de 15,66 euros por quilo nas dúas primeiras xornadas, o que representa un incremento superior ao 20 % respecto ao mesmo período da campaña anterior”. Esta subida produciuse nun contexto de menores descargas, polo que “será necesario agardar á evolución das vindeiras semanas para avaliar o comportamento da actividade extractiva”, comentou, ao tempo que enxalzou o peso da Lonxa de Ribeira na comercialización deste recurso, ao tratarse dun dos principais puntos de venda de centola de Galicia. Na pasada campaña 2025-2026, esta lonxa rexistrou a comercialización de 67.530 quilos, cunha facturación en primeira venda de 965.343 euros e un prezo medio de 14,30 euros por quilo. Ademais, o porto conta con 53 embarcacións autorizadas para a captura desta especie mediante miños.
No conxunto de Galicia, a última campaña pechouse cunha facturación de 6,57 millóns de euros, a maior da serie histórica analizada, tras comercializarse 425.910 quilos de centola. Estas cifras supuxeron un incremento do 8,5 % no valor das vendas respecto á tempada anterior, malia a redución do volume de capturas, o que reflicte a elevada valoración deste produto nos mercados.
A campaña da centola permanecerá aberta no litoral comprendido entre a desembocadura do río Miño e Estaca de Bares, mentres que na costa lucense comezará o vindeiro 30 de novembro. O plan experimental de xestión establece unha cota máxima diaria de 35 quilos por embarcación, aos que se engaden outros 35 quilos por cada tripulante enrolado a bordo, co obxectivo de garantir unha explotación ordenada e sostible do recurso.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
