A asociación A Creba, entidade do Barbanza que traballa pola calidade de vida e a integración das persoas con doenzas e trastornos relacionados coa saúde mental, presentou este martes 1 os detalles do programa da cita cultural Tolemias Hailas III, organizado en colaboración co Concello de Ribeira. Este evento celebrarase na cidade o sábado 5 […]
O artigo A Creba e o Concello de Ribeira celebran este sábado o evento cultural Tolemias Hailas III, na praza da Porta do Sol publicouse primeiro en O Barbanza. A asociación A Creba, entidade do Barbanza que traballa pola calidade de vida e a integración das persoas con doenzas e trastornos relacionados coa saúde mental, presentou este martes 1 os detalles do programa da cita cultural Tolemias Hailas III, organizado en colaboración co Concello de Ribeira. Este evento celebrarase na cidade o sábado 5
O artigo A Creba e o Concello de Ribeira celebran este sábado o evento cultural Tolemias Hailas III, na praza da Porta do Sol publicouse primeiro en O Barbanza.

A asociación A Creba, entidade do Barbanza que traballa pola calidade de vida e a integración das persoas con doenzas e trastornos relacionados coa saúde mental, presentou este martes 1 os detalles do programa da cita cultural Tolemias Hailas III, organizado en colaboración co Concello de Ribeira. Este evento celebrarase na cidade o sábado 5 de setembro ás 12:30h. na praza da Porta do Sol, buscando dar visibilidade ao traballo que realiza esta asociación sobre os problemas de saúde mental no Barbanza e tamén normalizar a participación e os tempos de lecer na comunidade.
Tolemias comezará coa improvisación cómica de Antón Coucheiro e Dani Blanco con The Momento Impro, un espectáculo que deixará risas aseguradas; e a nota musical soará con DaFoe, unha banda de versións local centrada en grandes temas do blues e rock.
A Creba tamén terá na praza o seu posto de artesanía elaborada polas persoas que acoden ao centro, polo que as asistentes poderán achegarse para colaborar mercando algún produto, asociándose coa entidade ou adquirindo rifas para os sorteos que se realizarán alí mesmo, grazas á colaboración de establecementos da zona.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
