A CRMH da Barbanza condena o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo en Ribeira.

Na noite do sábado 16 ao domingo 17 de maio, a escultura situada na rúa Malecón de Ribeira que conmemora a memoria dos fusilados na contenda do 36 (cunha lembranza especial ao xornalista local Manuel Lustres Rivas, un 10 de novembro de hai 87 anos) foi obxecto dun acto vandálico. Así o denunciou a Comisión […]
O artigo A CRMH da Barbanza condena o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo en Ribeira. publicouse primeiro en O Barbanza. Na noite do sábado 16 ao domingo 17 de maio, a escultura situada na rúa Malecón de Ribeira que conmemora a memoria dos fusilados na contenda do 36 (cunha lembranza especial ao xornalista local Manuel Lustres Rivas, un 10 de novembro de hai 87 anos) foi obxecto dun acto vandálico. Así o denunciou a Comisión
O artigo A CRMH da Barbanza condena o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo en Ribeira. publicouse primeiro en O Barbanza.  

Na noite do sábado 16 ao domingo 17 de maio, a escultura situada na rúa Malecón de Ribeira que conmemora a memoria dos fusilados na contenda do 36 (cunha lembranza especial ao xornalista local Manuel Lustres Rivas, un 10 de novembro de hai 87 anos) foi obxecto dun acto vandálico. Así o denunciou a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB), que emitiu un comunicado no que considera “que esta acción non pode cualificarse como un simple episodio de gamberrismo, senón como un ataque á liberdade de expresión, aos dereitos humanos máis elementais e aos principios democráticos”.

A Comisión engade que “a violencia destrutiva empregada corrobora a intencionalidade fascista desta execrábel acción” e sinalan que “non imos permitir que feitos coma este sexan normalizados nin banalizados. O sucedido constitúe un atentado gravísimo contra a dignificación da memoria e un aldraxe ás vítimas que perderon a liberdade, e mesmo a vida, fronte á barbarie fascista”.

A CRMH da Barbanza condena con firmeza este acto vandálico e quere facer un chamamento a toda a cidadanía para que “protexa e vixíe a integridade de todos aqueles símbolos que, como o monumento de Soledad Penalta, nos lembran a urxencia e a vixencia da loita polos valores democráticos e pola xustiza social”. Así mesmo, animan a todas as organizacións políticas de Ribeira a “expresar publicamente o seu rexeitamento ante este acto de intolerancia”.

Dende novembro de 2023

O 10 de novembro de 2023, coincidindo co 87 aniversario do fusilamento do periodista Manuel Lustres Rivas, inaugurouse no paseo do Malecón de Ribeira a escultura memorial na honra das vítimas represaliadas durante a Guerra Civil e a etapa franquista no concello de Ribeira, obra de Soledad Penalta, escultura aceiro corten, de aspecto oxidado.

Unha escultura destinada a recuperar e revalorizar a dignidade das vítimas esquecidas, das súas familias, e lembrar a todas aquelas persoas que se negaron a ser silenciadas, que sufriron persecución, exilio, encarceramento, ou perderon a súa vida polos seus ideais de progreso, liberdade, benestar e valores democráticos.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas