Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar no barrio da Amarella, en Santa Uxía, para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes […]
O artigo O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay publicouse primeiro en O Barbanza. Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar no barrio da Amarella, en Santa Uxía, para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes
O artigo O Concello de Ribeira felicita ao veciño centenario Manuel Fernández Argibay publicouse primeiro en O Barbanza.
Ribeira suma un novo veciño centenario: Manuel Fernández Argibay, quen no 17 de maio soprou o número 100. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar no barrio da Amarella, en Santa Uxía, para trasladarlle a súa felicitación en persoa e facerlle entrega duns obsequios consistentes nun ramo de flores e unha placa de recoñecemento polo seu aniversario.

“É unha ledicia ver aos nosos maiores entrar nos 100 anos con esa vitalidade que lle permite a idade e ver que aínda continúan activos física e mentalmente, levando un envellecemento saudable”, en palabras da rexedora.
Natural de Ribeira, Manuel comezou moi novo a traballar no mar, pois con 16 anos iniciouse no marisqueo a flote; oficio ao que dedicou toda a vida.
Agora desfruta dos paseos por Coroso e da súa familia, con quen festexou a benvida ao centenario nun xantar.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
