O espazo ribeirense acolle a mostra ‘Mulleres’, unha homenaxe pictórica e escultórica que reúne 37 pezas do creador local no marco das festas de verán. A arte volve ser a gran protagonista da axenda cultural de Ribeira, e faino nesta ocasión poñendo o foco no universo feminino. O Centro Cultural Lustres Rivas inaugurou esta tarde […]
O artigo A esencia e o talento feminino de Jontxu Argibay enchen o Centro Cultural Lustres Rivas publicouse primeiro en O Barbanza. O espazo ribeirense acolle a mostra ‘Mulleres’, unha homenaxe pictórica e escultórica que reúne 37 pezas do creador local no marco das festas de verán. A arte volve ser a gran protagonista da axenda cultural de Ribeira, e faino nesta ocasión poñendo o foco no universo feminino. O Centro Cultural Lustres Rivas inaugurou esta tarde
O artigo A esencia e o talento feminino de Jontxu Argibay enchen o Centro Cultural Lustres Rivas publicouse primeiro en O Barbanza.
O espazo ribeirense acolle a mostra ‘Mulleres’, unha homenaxe pictórica e escultórica que reúne 37 pezas do creador local no marco das festas de verán.
A arte volve ser a gran protagonista da axenda cultural de Ribeira, e faino nesta ocasión poñendo o foco no universo feminino. O Centro Cultural Lustres Rivas inaugurou esta tarde a exposición Mulleres, unha coidada mostra do artista local Jontxu Argibay na que a pintura e a escultura conviven en harmonía para render tributo á figura da muller desde a admiración, o respecto e a beleza.

A exposición, organizada ao abeiro da programación da Festa da Cultura e dos festexos do verán ribeirense, combina 18 obras pictóricas (11 acuarelas e 7 óleos) e 19 esculturas (13 tallas de aglomerado, 4 de talla directa, 1 mixta e 1 cerámica). Nas súas lenzos, Argibay retrata a destacadas actrices, poetas e intérpretes do panorama actual e cultural como Aida Tarrío, Cristina Castaño, Susana Sampedro, Rosalía Vila, Valeria Castro, Zendaya, Candela Peña ou Esperanza Mara, quen ademais puxo a nota musical ao acto de apertura. Pola súa banda, o conxunto escultórico profunda en conceptos máis íntimos como os perfís femininos e a maternidade.
Ao acto inaugural asistiron a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; o propio artista, Jontxu Argibay; e Goretti Bello, amiga do creador. Durante a súa intervención, a rexedora subliñou a relevancia de dar visibilidade e espazo aos creadores do municipio, facendo coincidir a apertura de eventos deste nivel coas datas máis sinaladas da cidade.
Sampedro puxo ademais en valor a ampla traxectoria de Argibay e lembrou que o seu legado artístico transcende as paredes do centro cultural: “O talento deste ribeirense non está hoxe só dentro destas paredes, pois a súa obra tamén forma parte da identidade cultural do municipio a través de diferentes pezas escultóricas integradas na paisaxe urbana”. Entre elas, a alcaldesa fixo especial mención ao Polbeiro de Castiñeiras (sinal de identidade da súa parroquia natal), a Segadora de Olveira (que homenaxea o duro traballo da muller do campo) ou a figura do mestre Manuel Ayaso na praza do Concello, quen foi unha clara influencia nas creacións do autor.
A mostra Mulleres permanecerá aberta ao público no Centro Cultural Lustres Rivas ata o vindeiro 5 de setembro.
Os interesados en habelle un ollo á exposición poderán facelo nos seguintes horarios:
- De luns a venres: de 10.00 a 14.00 horas.
- Sábados: de 12.00 a 14.00 horas.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
