A Pobra do Caramiñal prepárase para recibir o domingo 30 de agosto a XVII Carreira Popular, un evento organizado conxuntamente polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. A proba, integrada no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, está aberta tanto a deportistas […]
O artigo A Pobra do Caramiñal acollerá a XVII edición da súa Carreira Popular o vindeiro domingo 30 de agosto publicouse primeiro en O Barbanza. A Pobra do Caramiñal prepárase para recibir o domingo 30 de agosto a XVII Carreira Popular, un evento organizado conxuntamente polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. A proba, integrada no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, está aberta tanto a deportistas
O artigo A Pobra do Caramiñal acollerá a XVII edición da súa Carreira Popular o vindeiro domingo 30 de agosto publicouse primeiro en O Barbanza.
A Pobra do Caramiñal prepárase para recibir o domingo 30 de agosto a XVII Carreira Popular, un evento organizado conxuntamente polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de Atletismo. A proba, integrada no XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña, está aberta tanto a deportistas con licenza federativa como a afeccionados sen federar
O certame abrangue desde as categorías sub-6 ata máster e contará ademais coa modalidade Sapatilla Inclusiva, destinada a atletas con diversidade funcional.
Horarios e trazado
O circuíto terá a saída na rúa Xerardo Fernández Albor e a meta no interior da praza Alcalde Segundo Durán, discorrendo polo peirao comercial, o aparcadoiro Díaz de Rábago, a ponte de Santo Antonio, o paseo dos Areos e varias rúas do centro urbano.
- 10.45 h: Sub-10
- 11.00 h: Sub-12
- 11.15 h: Sub-14
- 11.30 h: Sub-16, Sapatilla Inclusiva e carreira absoluta (~8 km para sub-18, sub-20, sub-23, sénior e máster)
- 12.45 h: Sub-6
- 13.00 h: Sub-8
Inscricións e retirada de dorsais
O prazo para formalizar a inscrición remata o xoves 27 de agosto ás 14.00 horas a través da web Carreiras Galegas. O trámite é gratuíto para as categorías base (de sub-6 a sub-16) e para Sapatilla Inclusiva, mentres que desde sub-18 ata máster ten un custo de 8 euros. A retirada de dorsais realizarase na praza Alcalde Segundo Durán ata media hora antes de cada saída.
Premios e servizos
A entrega de trofeos celebrarase ás 13.30 horas na zona de meta. Haberá medallas conmemorativas para todos os participantes en sub-6 e sub-8, ademais de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Na carreira absoluta entregaranse premios en metálico aos cinco primeiros postos xerais masculinos e femininos (250, 150, 100, 75 e 50 euros), xunto cun bonus especial de 200 euros para quen bata os récords do circuíto (27:09 en feminina e 23:45 en masculina).
O evento contará con asistencia médica, seguros deportivos e servizo de fisioterapia en meta. Para máis información, o Departamento de Deportes municipal atende na Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler (de 9.30 a 14.30 horas) e nos teléfonos 981 832 590, 981 831 545 e 619 229 946.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
