Boiro prepárase para celebrar unha nova edición das III Xornadas do Deporte, promovidas por Jealsa e o seu programa de sustentabilidade We Sea, cun programa de actividades ao aire libre dirixido a todas as idades durante os días 20 e 21 de agosto. A programación arrancará o xoves, 20 de agosto, ás 20:00 horas, coa […]
O artigo Boiro acollerá as III Xornadas do Deporte con exhibicións de contacto e carreiras urbanas publicouse primeiro en O Barbanza. Boiro prepárase para celebrar unha nova edición das III Xornadas do Deporte, promovidas por Jealsa e o seu programa de sustentabilidade We Sea, cun programa de actividades ao aire libre dirixido a todas as idades durante os días 20 e 21 de agosto. A programación arrancará o xoves, 20 de agosto, ás 20:00 horas, coa
O artigo Boiro acollerá as III Xornadas do Deporte con exhibicións de contacto e carreiras urbanas publicouse primeiro en O Barbanza.
Boiro prepárase para celebrar unha nova edición das III Xornadas do Deporte, promovidas por Jealsa e o seu programa de sustentabilidade We Sea, cun programa de actividades ao aire libre dirixido a todas as idades durante os días 20 e 21 de agosto.


A programación arrancará o xoves, 20 de agosto, ás 20:00 horas, coa xornada dedicada aos deportes de contacto na rúa peonil. O evento contará coa participación dos clubs locais e comarcais Kempo Puebla, Costado Taekwondo e Malamia Taekwondo. Esta actividade é aberta a todos os públicos e non require inscrición previa.
A cita continuará o venres, 21 de agosto, a partir das 21:00 horas, coa celebración da Milla Urbana e a Carreira 5K, que terán como epicentro a Praza do Concello e contan coa colaboración de Barbantia Roda.
As probas dividiranse en tres categorías:
- Asterix (500 metros): para nenos e nenas de 6 a 10 anos.
- Obelix (500 metros): dirixida a participantes de 11 a 14 anos.
- Carreira 5K: aberta a partir dos 15 anos de idade.
As inscricións para as probas atléticas poderán formalizarse o mesmo día da carreira, entre as 19:00 e as 20:30 horas, e a organización confirmou que haberá agasallos ao rematar para todas as persoas participantes inscritas.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
