Ribeira encherase de ritmos latinos coa 16ª edición do festival «Salsa na Rúa» e os 25 anos de El Tomasón

A rúa Alcalá Galiano acollerá os vindeiros días 28 e 29 de agosto a décimo sexta edición do festival Salsa na Rúa, un evento impulsado pola Asociación Cultural Recreativa Haveira en colaboración co Concello de Ribeira, no marco da programación da Fiestra da Cultura. A presentación oficial contou coa concelleira de Cultura, Ana Barreiro, canda […]
O artigo Ribeira encherase de ritmos latinos coa 16ª edición do festival «Salsa na Rúa» e os 25 anos de El Tomasón publicouse primeiro en O Barbanza. A rúa Alcalá Galiano acollerá os vindeiros días 28 e 29 de agosto a décimo sexta edición do festival Salsa na Rúa, un evento impulsado pola Asociación Cultural Recreativa Haveira en colaboración co Concello de Ribeira, no marco da programación da Fiestra da Cultura. A presentación oficial contou coa concelleira de Cultura, Ana Barreiro, canda
O artigo Ribeira encherase de ritmos latinos coa 16ª edición do festival «Salsa na Rúa» e os 25 anos de El Tomasón publicouse primeiro en O Barbanza.  

A rúa Alcalá Galiano acollerá os vindeiros días 28 e 29 de agosto a décimo sexta edición do festival Salsa na Rúa, un evento impulsado pola Asociación Cultural Recreativa Haveira en colaboración co Concello de Ribeira, no marco da programación da Fiestra da Cultura.

A presentación oficial contou coa concelleira de Cultura, Ana Barreiro, canda o fundador da entidade, Orlando González, e as alumnas Celia Rodríguez, Lucía Torres, Daniela Laíño e Yanira Bouzón. O certame reunirá a 57 artistas procedentes de cinco escolas de baile de España e Portugal, que ofrecerán disciplinas como salsa, bachata, kizomba zouk e urban zumba, xunto ás sesións musicais de DJ Gerardo e DJ Johnny.

Horarios e actividades de Salsa na Rúa

  • Venres 28 de agosto:
    • 17:00 a 21:00 h: Obradoiros de baile.
    • 21:00 a 01:00 h: Sesión social.
  • Sábado 29 de agosto:
    • 10:00 a 14:00 h e 17:00 a 19:00 h: Obradoiros de baile.
    • 22:00 a 23:30 h: Espectáculos e shows.
    • 23:30 a 03:00 h: Peche coa sesión social.

Gala do 25 aniversario de El Tomasón

Como antesala e parte destacada dos actos, a escola de baile El Tomasón celebrará as súas vodas de prata o domingo 23 de agosto no Auditorio Municipal de Ribeira. O evento comezará ás 20:00 horas (apertura de portas ás 19:30 h) cun espectáculo composto por 18 coreografías de diversos estilos latinos e con entrada gratuíta.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas