A campaña Boiro Xoga, A gran partida do comercio local, promovida pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), cumpre os seus primeiros cinco días cunha “destacada resposta por parte da veciñanza e un importante interese tamén fóra de Boiro”, segundo informou a organización empresarial no seu balance de actividade sobre o arrinque da campaña. Inauguración A […]
O artigo Boiro Xoga supera as 100 xogadas en liña nos seus primeiros días de campaña publicouse primeiro en O Barbanza. A campaña Boiro Xoga, A gran partida do comercio local, promovida pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), cumpre os seus primeiros cinco días cunha “destacada resposta por parte da veciñanza e un importante interese tamén fóra de Boiro”, segundo informou a organización empresarial no seu balance de actividade sobre o arrinque da campaña. Inauguración A
O artigo Boiro Xoga supera as 100 xogadas en liña nos seus primeiros días de campaña publicouse primeiro en O Barbanza.

A campaña Boiro Xoga, A gran partida do comercio local, promovida pola Asociación Boirense de Empresas (ABE), cumpre os seus primeiros cinco días cunha “destacada resposta por parte da veciñanza e un importante interese tamén fóra de Boiro”, segundo informou a organización empresarial no seu balance de actividade sobre o arrinque da campaña.
A inauguración celebrada o pasado sábado na praza do Concello reuniu a máis de 300 persoas. Un dos momentos máis destacados da mañá foi a aparición do primeiro Boiro Xoga da man do Mago Paco, coa colaboración de Enzo, que se converteu na primeira persoa en levar o xogo para a casa. Durante a xornada repartíronse ademais outros 13 exemplares mediante un sorteo entre as persoas asistentes.
A ABE engade que “desde a posta en marcha da campaña, a ABE recibiu centos de chamadas, mensaxes e consultas procedentes de Boiro e doutros puntos de Galicia”. Amais, moitas delas están relacionadas coa forma de conseguir o xogo e con felicitacións pola orixinalidade da iniciativa, “que está a espertar interese como proposta de promoción do comercio local”.
A asociación salienta tamén a boa resposta do xogo en liña, que xa supera as 100 partidas realizadas por máis de 60 persoas diferentes. A proposta está baseada nas frases que estes días poden verse nas pancartas instaladas nas rúas de Boiro, mensaxes relacionadas coa importancia de apoiar os negocios locais e coa repercusión que o consumo de proximidade ten na actividade económica e na vida do municipio.
As persoas participantes poden acceder ao xogo a través da web da ABE, responder ás diferentes cuestións e repetir a partida para mellorar a súa puntuación. A clasificación permanecerá aberta ata o 19 de setembro e as tres primeiras persoas recibirán como premio un exemplar de Boiro Xoga. Na actualidade, a clasificación está encabezada por AbrahanFC, Anaro e Blacksmith, os tres cunha porcentaxe de acertos superior ao 94 %, polo que a competición continúa moi aberta.
Boiro Xoga continuará durante os vindeiros días con diferentes posibilidades para conseguir o xogo. Os exemplares tamén se poden obter a través dos Puntos ABE e, como terceira vía, durante a gran festa final que terá lugar o sábado 19 de setembro na praza do Concello.
Nesa xornada repartiranse 100 xogos mediante unha gran dinámica de dados e celebrarase ademais un sorteo de 2.000 euros en Bonos ABE, nunha tarde que pretende converter a praza do Concello nun punto de encontro para clientes, familias e participantes na campaña.
A elevada demanda está facendo que a ABE reciba tamén numerosas peticións para poder mercar o xogo, segundo recoñeceu a asociación no seu balance.
Boiro Xoga foi creado como unha acción promocional da asociación e actualmente non está á venda, aínda que a ABE non desbota estudar no futuro posibles fórmulas de comercialización a través de negocios asociados.
A campaña entra así na súa segunda metade cunha participación crecente e cun obxectivo que vai máis alá do propio xogo: “Poñer o foco nos negocios de Boiro, nas persoas que están detrás deles e na importancia de seguir facendo comunidade a través do consumo local”, en palabras da ABE.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
