Se a semana pasada a xouba foi a protagonista de Rianxo, a vindeira fin de semana o protagonista será o mexillón. O 1 e o 2 de agosto, no Campo de Arriba, veciños e visitantes poderán degustar diferentes elaboracións de mexillón a prezos populares, nunha cita que pon en valor un dos produtos máis representativos […]
O artigo Conta atrás para o inicio da XV Festa do Mexillón de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza. Se a semana pasada a xouba foi a protagonista de Rianxo, a vindeira fin de semana o protagonista será o mexillón. O 1 e o 2 de agosto, no Campo de Arriba, veciños e visitantes poderán degustar diferentes elaboracións de mexillón a prezos populares, nunha cita que pon en valor un dos produtos máis representativos
O artigo Conta atrás para o inicio da XV Festa do Mexillón de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza.

Se a semana pasada a xouba foi a protagonista de Rianxo, a vindeira fin de semana o protagonista será o mexillón.
O 1 e o 2 de agosto, no Campo de Arriba, veciños e visitantes poderán degustar diferentes elaboracións de mexillón a prezos populares, nunha cita que pon en valor un dos produtos máis representativos das rías galegas e da tradición mariñeira de Rianxo.
A XV Festa do Mexillón de Rianxo celébrase os días 1 e 2 de agosto de 2026 no Campo de Arriba. Este evento gastronómico, organizado polo Club de Remo Rianxo e a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón, exalta o mexillón de Galicia con Denominación de Orixe Protexida (DOP) a prezos populares. A celebración contará coa colaboración do Concello.
En total cociñaranse 3.000 quilos de mexillóns que se poderán degustar ao vapor, á vinagreta, en escabeche, en empanada, en croquetas, etc.
Programa
Sábado, 1 de agosto:
19:30 h: Comezo coa música tradicional.
20:00 h: Apertura da degustación de mexillóns.
23:00 h: Actuación dun grupo folk.
Domingo, 2 de agosto:
10:30 h: Pasacalles de música tradicional.
11:30 h: Apertura do Xantar Mariñeiro coa segunda quenda de degustación.
13:00 h: Recepción de autoridades e actuación de gaiteiros
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
