Estudantes de Nutrición do Campus de Lugo da USC coñecen a proposta de valor de CONGALSA

Un grupo de estudantes do Grao en Nutrición Humana e Dietética do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) visitou esta mañá a sede principal de CONGALSA, no Polígono da Tomada (A Pobra), para coñecer as súas referencias alimentarias e os seus procesos de produción, así como a súa proposta de valor […]
O artigo Estudantes de Nutrición do Campus de Lugo da USC coñecen a proposta de valor de CONGALSA publicouse primeiro en O Barbanza. Un grupo de estudantes do Grao en Nutrición Humana e Dietética do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) visitou esta mañá a sede principal de CONGALSA, no Polígono da Tomada (A Pobra), para coñecer as súas referencias alimentarias e os seus procesos de produción, así como a súa proposta de valor
O artigo Estudantes de Nutrición do Campus de Lugo da USC coñecen a proposta de valor de CONGALSA publicouse primeiro en O Barbanza.  

Un grupo de estudantes do Grao en Nutrición Humana e Dietética do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) visitou esta mañá a sede principal de CONGALSA, no Polígono da Tomada (A Pobra), para coñecer as súas referencias alimentarias e os seus procesos de produción, así como a súa proposta de valor en materia de sustentabilidade, innovación, eficiencia ou sistemas de rastrexabilidade, entre outras cuestións.

Os estudantes da materia Ciencia e Tecnoloxía da Carne e do Peixe desprazáronse ata a sede da empresa xunto a Ángeles Romero, catedrática de Tecnoloxía dos Alimentos. Durante a visita, foron recibidos por Isabel Cañas, directora de Relacións Externas, e Juan Carlos Rama, director de Recursos Humanos da compañía.

Ambos os directivos detallaron ao grupo que CONGALSA “traballa na actualización das súas receitas tradicionais e no desenvolvemento de novas elaboracións”. Tamén abordaron as características dos seus produtos, que, engadiron, “destacan polo seu sabor, versatilidade e practicidade, así como pola súa capacidade de adaptación aos diferentes segmentos de mercado aos que se dirixe a compañía”.

Os directivos puxeron en valor que CONGALSA conta cun comité científico que integra a expertos en nutrición e directivos de diferentes departamentos. A súa misión é asesorar á empresa en materia de calidade nutricional, composición dos produtos, seguridade alimentaria e desenvolvemento de novas elaboracións.

Trala presentación, que incluíu a proxección dun vídeo corporativo, o grupo visitou a fábrica, a sala de exposición de produto (showroom) e a sala de catas, na que as e os estudantes degustaron algúns dos produtos máis emblemáticos de CONGALSA xunto a outras propostas lanzadas recentemente ao mercado.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas