Extinguidos os incendios forestais de Lousame e Boiro

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34 horas da madrugada do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de […] A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedouextinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde. Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34 horas da madrugada do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de  

A Consellería do Medio Rural informou que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedou
extinguido ás 12.06 horas de hoxe. Tamén foi extinguido finalmente o de Boiro, a media tarde.

Polo que respecta ao de Tállara, iniciouse ás 5.34 horas da madrugada do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 37 hectáreas, das cales 30 corresponden a monte raso e as 7 restantes a arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 2 técnicos, 27 axentes, 28
brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 3 avións.

No que atinxe ao da parroquia de Cures, Boiro, quedou extinguido ás 19.45 horas deste sábado 5 de xullo, tras iniciarse o pasado xoves ás 23.59 h.
Segundo as últimas medicións, este incendio afectou 37,98 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 14 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, 2 pas e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas