Gardacostas de Galicia comisa 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisou na última semana un total de máis de 372 quilos de diversas especies de peixe e marisco e preto de 1.300 aparellos de pesca ilegais. Deste xeito, informou o servizo, balance dos operativos de vixilancia e loita contra o furtivismo realizados entre o […]
O artigo Gardacostas de Galicia comisa 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais publicouse primeiro en O Barbanza. O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisou na última semana un total de máis de 372 quilos de diversas especies de peixe e marisco e preto de 1.300 aparellos de pesca ilegais. Deste xeito, informou o servizo, balance dos operativos de vixilancia e loita contra o furtivismo realizados entre o
O artigo Gardacostas de Galicia comisa 372 quilos de marisco e peixe e preto de 1.300 aparellos ilegais publicouse primeiro en O Barbanza.  

O servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisou na última semana un total de máis de 372 quilos de diversas especies de peixe e marisco e preto de 1.300 aparellos de pesca ilegais. Deste xeito, informou o servizo, balance dos operativos de vixilancia e loita contra o furtivismo realizados entre o 17 e o 23 de agosto saldouse coa tramitación de 31 actas de presunta infracción e incautación en distintos puntos do litoral galego.

Engadiron que as actuacións foron executadas polas unidades operativas de Ferrol, Portosín, Muxía, Vigo e Servizos Centrais, tanto mediante patrullas terrestres como a bordo de diferentes embarcacións do servizo, entre elas o Valentín Paz Andrade, a Mar de Galicia e auxiliares do Irmáns García Nodal. Os controis abrangueron zonas das rías de Ferrol, Arousa, Pontevedra, Vigo e Muros-Noia, así como distintos puntos do litoral de Camariñas, Corcubión e O Ézaro.

No eido das artes de pesca retiradas do mar por atoparse sen identificar ou vulnerando a normativa vixente, os axentes incautaron 1.215 nasas, na súa maioría destinadas á captura de polbo, e 61 cacharros para a captura deste cefalópodo. Tamén se interviñeron tres sacos e unha boia no marco dun operativo desenvolvido nos portos de Camariñas, Camelle e Santa Mariña.

Respecto ás especies incautadas, a maior cantidade correspondeu ao polbo, con 269,5 quilos, seguido da nécora, con 44,1 quilos. Os controis permitiron intervir tamén 25 quilos de navalla, 11,5 quilos de centola, 7 quilos de congro, 5,94 quilos de ameixa xaponesa, 4 quilos de lumbrigante e 3,6 quilos de ameixa rubia, ademais de cantidades menores de santiaguiño e camarón.

Entre as actuacións máis destacadas figura a desenvolvida o 20 de agosto na ría de Vigo polo Valentín Paz Andrade, na que se retiraron 249 nasas e 70 quilos de polbo, así como os sucesivos operativos efectuados durante os últimos días da semana na costa occidental da Illa de Arousa e no seo de Corcubión e a enseada do Ézaro. Só nestas últimas actuacións foron incautadas 432 nasas, 83,5 quilos de polbo, 15,5 quilos de nécora e 10,5 quilos de centola.

A práctica totalidade do marisco e peixe comisado que se atopaba vivo durante os controis foi devolto ao mar para preservar os recursos mariños.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas