O BNG achegou o seu resumo sobre as propostas presentadas no pleno da Corporación Municipal deste 26 de outubro. No transcurso da sesión o ex-alcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, advertiu que o proxecto de residencia de maiores en San Roque “suporía illar as persoas maiores no medio do monte, nun espazo […]
O artigo O BNG defende no pleno unha residencia accesíbel, conectada e integrada na vida de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. O BNG achegou o seu resumo sobre as propostas presentadas no pleno da Corporación Municipal deste 26 de outubro. No transcurso da sesión o ex-alcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, advertiu que o proxecto de residencia de maiores en San Roque “suporía illar as persoas maiores no medio do monte, nun espazo
O artigo O BNG defende no pleno unha residencia accesíbel, conectada e integrada na vida de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.

O BNG achegou o seu resumo sobre as propostas presentadas no pleno da Corporación Municipal deste 26 de outubro. No transcurso da sesión o ex-alcalde e portavoz municipal do BNG, Luís Pérez Barral, advertiu que o proxecto de residencia de maiores en San Roque “suporía illar as persoas maiores no medio do monte, nun espazo con pendentes, sen beirarrúas e sen transporte público”. Con estas declaracións saíu ao paso da solicitude á Xunta, por parte do Concello, para formalizar a devolución do terreo das Saíñas á titularidade municipal.
“O PP de María Sampedro pretende expulsar e illar as persoas maiores no monte algo que a maioría da veciñanza de Ribeira rexeita de plano”, afirmou Pérez Barral durante a súa intervención no pleno, na que contrapuxo as condicións de accesibilidade das Saíñas coas dificultades que en opinión dos nacionalistas presentaría a contorna de San Roque.
O portavoz nacionalista lembrou que “nas Saíñas existe unha parcela conectada co transporte público e co paseo de Coroso, na que xa se investiron 800.000 euros”. Trátase, segundo explicou, “dunha localización que permitiría ás persoas residentes saír pasear, relacionarse coa veciñanza e recibir as visitas das súas familias con normalidade, favorecendo a súa autonomía e integración na vida cotiá de Ribeira”.
“As persoas maiores son quen sacaron a diante as nosas familias e ergueron Ribeira co seu traballo e co seu esforzo, o mínimo que podemos facer por eles é darlles cariño e garantirlles coidados e un fogar que non os aparte”, manifestou.
Pérez Barral cualificou de “falacias” os argumentos empregados polo Partido Popular para xustificar o cambio de localización e reclamou “rigor e documentación que avalen a decisión”. E apuntou: “Aducen a posíbeis riscos de asolagamento pero se comparamos a situación da parcela das Saíñas, está a máis metros sobre o nivel do mar que a residencia do Malecón, que se sitúa a 3,20 metros por riba do nivel do mar. Hai que ser rigorosos e sosterse en informes. Cando se toman decisións sen as garantías necesarias, as consecuencias poden ser moi graves”, advertiu, lembrando o caso da gasolineira de Xarás, “cuxa licenza acabou derivando na demolición das instalacións e nunha posíbel responsabilidade económica de ata catro millóns de euros para o Concello”, sinalou,.
O ex-alcalde tamén puxo o foco no balance do Goberno local cando se cumpre un ano da moción de censura: “Non hai terreo cedido á Xunta, non hai proxecto e tampouco aparece o orzamento nas contas da Xunta para 2027. O resultado é un atraso nunha infraestrutura que lle fai moita falta a Ribeira e á comarca da Barbanza”, denunciou. Advertiu de “que apostar por San Roque implicaría volver iniciar os trámites desde cero, co conseguinte risco de prolongar durante anos a espera por unha residencia pública que considera imprescindíbel para atender as necesidades da poboación maior”.
Fronte a esta situación, o BNG ofreceuse novamente a “colaborar para facer posíbel a residencia pública nas Saíñas que podería comezar as obras en poucos meses”, sinalou Pérez Barral, ao tempo que reclamou ao Goberno local que “retire a proposta de San Roque e convoque unha mesa de traballo conxunta na que participen o executivo municipal, os grupos da oposición e a Consellería de Política Social”.
“Volvo tenderlle a man ao goberno local. Retiren a proposta de San Roque, sentémonos hoxe mesmo nunha mesa de traballo conxunta e vaiamos da man esixir á Xunta que constrúa a residencia pública nas Saíñas, onde xa se investiron os cartos e onde a veciñanza a necesita”, propuxo.
O portavoz nacionalista insistiu en que “o obxectivo debe ser garantir un equipamento público accesíbel, integrado na vila e que permita ás persoas maiores manter os seus vínculos sociais e familiares. A min e ao BNG sempre nos atoparán en todo canto beneficie a Ribeira e á súa veciñanza. A miña man segue e seguirá totalmente aberta”, concluíu.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
