O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexíbel e a distancia que “permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal”, explicou a concelleira de Cultura, María Outeiral, na presentación do novo recurso. Engadiu que […]
O artigo O Concello de Boiro pon en marcha unha iniciativa para impulsar o apoderamento cidadá: a Aula Mentor publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexíbel e a distancia que “permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal”, explicou a concelleira de Cultura, María Outeiral, na presentación do novo recurso. Engadiu que
O artigo O Concello de Boiro pon en marcha unha iniciativa para impulsar o apoderamento cidadá: a Aula Mentor publicouse primeiro en O Barbanza.

O Concello de Boiro pon en marcha a Aula Mentor no Centro Social de Boiro, unha iniciativa de formación aberta, flexíbel e a distancia que “permite á cidadanía ampliar os seus coñecementos, adquirir novas competencias e avanzar no seu desenvolvemento persoal”, explicou a concelleira de Cultura, María Outeiral, na presentación do novo recurso.
Engadiu que a Aula Mentor é un programa de formación aberta do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes en colaboración con outras institucións que ten como obxectivo ofrecer formación a distancia para mellorar a cualificación das persoas adultas e promover o desenvolvemento das súas competencias persoais e profesionais.
Esta proposta ofrece un amplo catálogo de cursos organizados en diferentes áreas formativas e itinerarios que permite acreditar estándares de competencia. Trátase de cursos que non esixen requisitos previos de matriculación e que esta sexa flexíbel durante todo o ano.
Os cursos teñen unha duración estimada de dous meses e as persoas participantes contan cunha plataforma virtual con acceso aos materiais de estudo, actividades e recursos adicionais; ademais de apoio e titorías individualizadas.
A Aula Mentor no Concello de Boiro estará no Centro Social de Boiro e o horario de atención será os martes de 10.00 a 14.30 e de 15.00 a 19.00 horas e os mércores de 10.00 a 14.30 horas.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
