O Concello de Boiro informou do remate das obras de pavimentado no lugar de Pazos de Coroño. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, visitaron este xoves 7 de maio o lugar para coñecer o resultado final das obras. Esta actuación, sinalaron, está incluída no proxecto de renovación de […] O Concello de Boiro informou do remate das obras de pavimentado no lugar de Pazos de Coroño. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, visitaron este xoves 7 de maio o lugar para coñecer o resultado final das obras. Esta actuación, sinalaron, está incluída no proxecto de renovación de
O Concello de Boiro informou do remate das obras de pavimentado no lugar de Pazos de Coroño. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Medio Rural, Francisco Bermúdez, visitaron este xoves 7 de maio o lugar para coñecer o resultado final das obras.
Esta actuación, sinalaron, está incluída no proxecto de renovación de pavimentos en núcleos rurais, entre os que se inclúen tamén actuacións no Boiro de Arriba, na Armada, na Aspra, en Cubeliños e no Saltiño.

“Seguimos traballando en pequenas obras nos núcleos rurais para a súa mellora con actuacións de asaltado pero tamén coa renovación de luminarias ou o cambio de contedores”, recoñeceu o alcalde.
Trátanse de actuacións en tramos de camiños públicos municipais que presentan un avanzado estado de deterioro agravado durante a época de choivas e que precisan da mellora do firme para garantir o acceso da veciñanza ás súas vivendas.
O total das actuacións ascende aos 153.206 euros e contan co financiamento da Deputación da Coruña a través do Plan Único Concellos (POS+).

Barbanza-Arousa | O Barbanza
