Ribeira dá a benvida ao mes de outubro coa licitación da mellora de servizos básicos en tres puntos da súa xeografía: o saneamento do lugar de Cristal e as pavimentacións no acceso ao aparcamento das Dunas e na rúa Mariño de Rivera. Son unha serie de actuacións que poñen o foco tanto nas parroquias como […]
O artigo O Concello de Ribeira fará melloras en diferentes puntos de Olveira e na rúa Mariño de Rivera (Santa Uxía) publicouse primeiro en O Barbanza. Ribeira dá a benvida ao mes de outubro coa licitación da mellora de servizos básicos en tres puntos da súa xeografía: o saneamento do lugar de Cristal e as pavimentacións no acceso ao aparcamento das Dunas e na rúa Mariño de Rivera. Son unha serie de actuacións que poñen o foco tanto nas parroquias como
O artigo O Concello de Ribeira fará melloras en diferentes puntos de Olveira e na rúa Mariño de Rivera (Santa Uxía) publicouse primeiro en O Barbanza.

Ribeira dá a benvida ao mes de outubro coa licitación da mellora de servizos básicos en tres puntos da súa xeografía: o saneamento do lugar de Cristal e as pavimentacións no acceso ao aparcamento das Dunas e na rúa Mariño de Rivera. Son unha serie de actuacións que poñen o foco tanto nas parroquias como no centro da cidade e cun investimento total superior aos 120.000 euros; todas elas no marco do POS+2025 da Deputación da Coruña.
En materia de saneamento, no lugar de Cristal, na parroquia de Olveira, ampliarase a rede existente para dar servizo á veciñanza da zona. Para tal fin, instalarase a canalización das augas e implantarase un bombeo para o seu impulso á rede xeral.
A continuación reporase todo o firme en formigón. O orzamento de licitación é de 43.059,73 euros, IVE incluído, e o prazo de execución é de tres meses.

No que respecta a pavimentacións, substituirase o asfalto do camiño de acceso á zona de aparcamento da praia das Dunas debido ao actual deterioro que presenta. En consecuencia, mellorarase a seguridade viaria da zona coa extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico e pintado de sinalización horizontal na vía. O importe de licitación sitúase nos 46.370,64 euros, impostos incluídos, cun prazo de execución de dous meses.

E, xa con relación ao centro urbano, proxéctase a renovación do firme na rúa Mariño de Rivera, cunha capa de formigón en cor para facilitar a comunicación peonil entre a rúa Mendiño e a praza Uxío Novoneyra. O resto da referida vía irá cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. A contía de licitación ascende a 34.258,26 euros, IVE incluído, e as obras terán duración dun mes.
Nos tres casos, as empresas interesadas dispoñen ata as 23.59 horas do 14 de outubro para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
