A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de ‘A ferida aberta no 36‘, unpodcast da xornalista Nuria López. Na comarca e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra civil cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón-, que acolleron a internos […] A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de ‘A ferida aberta no 36‘, unpodcast da xornalista Nuria López. Na comarca e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra civil cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón-, que acolleron a internos
A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de ‘A ferida aberta no 36‘, unpodcast da xornalista Nuria López.
Na comarca e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra civil cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón-, que acolleron a internos procedentes da fronte de Asturias e tamén de Cataluña.
Naqueles primeiros compases da contenda, 42 cargos políticos foron asasinados ou encarcerados; e tamén sindicalistas, mestres, intelectuais e xornalistas; como Manuel Lustres Rivas ou Julio Silva.
A autora construe o relato do Barbanza coa axuda de Dolores Rodríguez Sande, a última madriña republicana de Rianxo; os historiadores Xesús Santos Suárez, José Antonio Pérez Fernández e Xosé María Fernández Pazos; e o vogal da CRMH do Barbanza, Xoán Hermida.
Nuria López chega en “A Ferida Aberta do 36” o seu décimo terceiro capitulo facendo un percorrido polos acontecementos que marcaron a guerra, a posguerra e a posterior represión.
A autora, xornalista da Radio Galega amosa o seu inmenso agradecemento e agarimo a todos os e participan nos capítulos e a Fernán Macornic e a Jacobo Perea, que a axudaron coa locución.

https://creators.spotify.com/…/CAPTULO-13-A-FERIDA…
https://go.ivoox.com/rf/151368583
A comarca do Barbanza centra a atención do capítulo 13 de ‘A ferida aberta no 36’. Nesta zona e na súa área de influencia instaláronse durante a guerra cinco campos de concentración -un na Pobra, outro en Rianxo, dous en Muros e un en Padrón- que acolleron a internos procedentes da fronte de Asturias e tamén de Cataluña. Naqueles primeiros compases da contenda, 42 cargos políticos foron asasinados ou encarcerados; e tamén sindicalistas, mestres, e intelectuais; como Manuel Lustres Rivas ou Julio Silva.Construímos o relato do Barbanza coa axuda de Dolores Rodríguez Sande, a última madriña republicana de Rianxo; os historiadores Xesús Santos Suárez, José Antonio Pérez Fernández e Xosé María Fernández Pazos; e o vogal da CRMH do Barbanza, Xoán Hermida. Vaia por diante o meu inmenso agradecemento e agarimo a todos eles e a Fernán Macornic e Jacobo Perea, que me acompañaron na locución.
No capítulo 12 de ‘A ferida aberta no 36’ continuaremos no Baixo Miño; unha comarca que albergou dous campos de concentración durante a guerra: o de Camposancos e o de Oia, nos que permaneceron ingresados un total de dez mil presos nos anos nos que estiveron operativos. Coñeceremos as condicións de vida destes campos coa axuda de Xosé Ballesta, José Antonio Uris e Fernando Javier Costas Goberna; falaremos con Inma Riu, neta e sobriña-neta de dous presos en Oia e conversaremos con Iria Morgade, autora da novela ‘Quen escribirá a miña historia?’, ambientada nestes lugares de terror. Ademais, neste capítulo, falaremos da loita dos irmáns Varela de Ferrol por anularlle o consello de guerra a seu pai, José Varela Cachaza, encarcerado no castelo de San Filipe no ano 1942.
Neste undécimo capítulo propoñémosvos viaxar ata o sur da provincia de Pontevedra, ata as comarcas do Val Miñor e do Baixo Miño, zonas que plantaron cara os sublevados e que foron das últimas en caer tralo golpe militar.A represión foi cruenta nestas áreas. A cifra global de vítimas podería rondar as 650, debido ao elevado volume de detencións e ao movemento de presos que movían a prisión de Tui e os campos de concentración de Camposancos e Oia. Repasámolo acontecido coa axuda do historiador Carlos Méixome e de Helena Pousa, presidenta da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, o Condado e a Louriña.Poñerémolo foco en dúas familias especialmente castigadas polo fascistas. A do médico de Tui, Dario Álvarez Limeses, fusilado en outubro do 36, e a de Darina Domínguez Andrés, da Guarda; filla de Concha Andrés e de Manuel Domínguez, “Taxota”.Con Concha Andrés conversamos neste capítulo e tamén con Pepe Cáccamo, neto de Darío Álvarez Limeses.Co gallo do Ano Castelao, conversamos con Rubén de Lis sobre o seu proxecto, ‘Celebrando a Castelao’.
Neste décimo capítulo afondamos no universo Castelao aproveitando o 75 aniversario do seu pasamento. Tentaremos coñecer o significado da súa obra creativa, a súa simboloxía, pero tamén as súas motivacións políticas e que o levaron a converterse no primeiro presidente de Galicia durante o seu exilio na Arxentina. Analizamos o legado artístico e político do rianxeiro coa axuda do presidente da RAG, Henrique Monteagudo, o presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane; a profesora e sociolingüista, Pilar García Negro; e o crítico de arte e membro da Academia Galega de Belas Artes, Felipe Senen.Ademais, aproveitamos para pasarnos polo festival de Cans, no que este ano estará moi presente Castelao. Os detalles, co director , Alfonso Pato. Eu de vós escoitaba ata o final!
Neste noveno capítulo que estreamos na semana das Letras Galegas traémosvos un monográfico sobre un dos nosos autores máis xigantescos: Castelao. Debuxante, narrador, ensaísta, pintor, dramaturgo e todo un animal político, que comezou a trazar un século atrás a Galicia do século XXI. Coa intención de debullar a obra artística e o pensamento político do rianxeiro, decidimos presentarvos un programa dobre. Nesta primeira entrega presentámovos unha cronobiografía do rianxeiro coa axuda de once voces autorizadas que nos axudan a definir as distintas caras de Castelao.A investigadora Montse Fajardo traerános a primeira biografía publicada en torno á figura de Virxinia Pereira, compañeira de vida de Castelao; e rememoraremos co fotoxornalista Xan Carballa aquel 28 de xuño de 1984 en que os restos do rianxeiro regresaron a Galicia.Ademais presentámosvos ‘Antes de nós’, a última longametraxe centrada en Castelao dirixida por Ángeles Huerta e escrita por Pepe Coira. Con ambos os dous conversaremos no noveno capítulo de ‘A ferida aberta no 36’. Agardamos que vos guste!
A cidade de A Coruña non tardou en caer tras o levantamento militar. Os golpistas descabezaron o poder político e iniciaron unha represión brutal en toda a cidade. Un dos momentos máis tráxicos foi a fuxida frustrada do Portiño. Analizámolo neste capítulo e falaremos do encarceramento de Teresa Alvajar, filla do xornalista e político republicano César Alvajar e da irmandiña e galeguista Amparo López Jean. Co gallo do ano Castelao, falamos de Viñetas desde o Atlántico que incluíu ao rianxeiro no cartel deste verán. Colaboraron neste capítulo:* Eliseo Fernández, investigador* Maruxa Seijas, centenaria, a memoria viva da Coruña.* Luis Lamela, investigador* Marga Tarrío e Suso Serantes, familiares de vítimas do Portiño.* Elena Martínez Alvajar, filla de Teresa Alvajar* Rubem Centeno, investigador da CRMH* ANO CASTELAO: Rubén Rial, ilustrador.
Neste sétimo capítulo, ‘A ferida aberta no 36’ trasládase a Santiago. Á Compostela de Ánxel Casal, á de Camilo Díaz Baliño, á Compostela de Nós.Apenas uns días despois do golpe, os cárceres enchéronse de presos políticos e producíronse os primeiros paseos; como o de Casal ou Díaz Baliño. Nun primeiro momento, os arrestados eran conducidos á Falcona. Trala guerra, habilitouse a prisión de Santa Isabel e comezou a funcionar o campo de concentración da Lavacolla, por onde pasaron arredor de seis mil internos.* O historiador Rafael García Ferreira axudaranos a transitar por estes tres espazos do terror.* Visitaremos o campo de concentración da Lavacolla coa axuda de Elisa Tobar, de 96 anos; de María Torres, filla dunha veciña da zona; e de Rosalía Macías, autora dunha investigación.* Lembraremos a detención e asasinato, na zona do Amenal, dos “Homiños de Boimorto” con Mini Rivas, concelleiro en Boimorto cando se producíu a exhumación dos primeiros corpos.* Analizaremos o oco que deixou na cultura galega o asasinato do alcalde de Santiago, Ánxel Casal, con Xosé María Dobarro Paz; e traeremos a primeiro plano a figura da súa compañeira, María Miramontes, coa axuda de Encarna Otero.* Co gallo do Ano Castelao visitaremos a exposición “Ollos de Vidro”, comisariada por Germán Labrador.
Neste sexto capítulo indagamos sobre os grupos de resistencia antifranquista constituídos trala guerra civil; en concreto sobre a Federación de Guerrillas León-Galicia que estivo operando durante os anos 40. Falamos de guerrilleiros, pero tamén das guerrilleiras; das mulleres que lles serviron de enlaces durante anos e que foron duramente castigadas por facelo; e ocuparémonos ademais dos fuxidos, que conseguiron burlar o férreo control das autoridades franquistas. Neste capítulo participan:- Francisco Martínez López ‘Quico’, o último guerrilleiro antifranquista.- Aurora Marco, investigadora; autora de ‘Mulleres na guerrilla antifranquista galega’- Salomé da Torre, neta de Camen Rodríguez Nogueira, encarcerada e torturada por facer de enlace da guerrilla- Antonio, neto de Teresa de Repil, encarcerada por dar acubillo na súa casa a un grupo de guerrilleiros- Xurxo Ayán, arqueólogo da guerrilla- Bieito Alonso, biógrafo de Antón Alonso Ríos, fuxido tralo 36.- ANO CASTELAO: Falamos con Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, sobre a exposición permanente dedicada a Castelao e sobre as expos temporais e actividades organizadas polo museo este 2025.
O Goberno encargou ao grupo Histagra da USC a elaboración dun censo estatal de vítimas da guerra civil e o franquismo. Calcúlase que en Galicia a cifra ronda as 5.000; en todo o estado estímanse en 150 mil as vítimas do bando republicano. No capítulo 5 de “A ferida aberta no 36” analizamos coa portavoz da ARMH, Carmen García Rodeja, o periplo seguido polos arredor de 500 mil exiliados españois que foron recluídos en campos de concentración en Francia trala guerra civil. Deles, uns 10 mil foron deportados a campos de exterminio nazis; entre eles 200 galegos. Máis da metade non foron quen de sobrevivir. Traemos aquí as historias de tres coruñeses: Martín, Víctor e Adolfo. Dos tres, só este último, conseguiu contalo.Co gallo do Ano Castelao, adentrámonos na biblioteca pública de Lugo, onde se desenvolve un scape room para alumnado de sexto de primaria centrado na figura do intelectual de Rianxo.
Era coñecida como “a illa da morte”; aquela illa que no pasado servira de mosteiro, de fogar pra nenos orfos e de leprosería, converteuse no 1936 nunha prisión franquista e nun campo de concentraciona onde foron eran conducidos arredor de seis mil presos entre os anos 1936 e 1943. Aínda que algúns aínda o poñan en dúbida, polo menos 500 non conseguiron sobrevivir. Neste capítulo recrearemos o acontecido na illa cos historiadores Pepe Álvarez e Juan González e afondaremos na historia de Luis Bouza Brey e do xornalista e alcalde de Bueu, Johan Carballeira. O primeiro conseguiu salvarse logo de cinco anos de encerro; Carballeira morreu fusilado en abril de 1937. Durante a guerra e os 39 anos de ditadura posterior, as autoridades prohibiron en toda España a celebración dos festexos do entroido, que estaban castigados con penas de cárcere e multas de ata 250 pesetas. En Celanova resistironse á prohibición e celebrárono de xeito clandestino, como explica o estudoso Justo Gude. Ademais, co gallo do Ano Castelao, adentrarémonos con Ángeles Tilve, no museo de Pontevedra que custodia a colección máis completa que se conserva en galicia sobre o autor.
Neste 8M, queremos poñer o foco naquelas mulleres que foron executadas, encarceradas, depuradas ou que se viron obrigadas a emprender o camiño do exilio tralo alzamento militar. Moitas delas foron silenciadas e invisibilizadas durante anos, e opacadas polos seus compañeiros. Hoxe, en “A ferida aberta no 36” ELAS son as protagonistas.
Durante a guerra civil, o mosteiro de Celanova chegou a albergar ata 1.300 presos. Mentres, arredor de medio cento mulleres foron encerradas no actual edificio dos xulgados. En ocasións, os internos e internas eran sacados de noite e aparecían paseados de mañanciña. Contámolo no capítulo 3 de ‘A ferida aberta no 36’, onde rescatamos o drama da familia Gómez del Valle a través da neta de María de Beiro, paseada no 37; reflexionamos sobre a represión sufrida polas mulleres durante e despois da guerra; e recreamos os dous arrestos e posterior encarceramento do poeta Celso Emilio Ferreiro, a través do relato do seu fillo Xabier Ferreiro. Ademais, co gallo do Ano Castelao, descubriremos os tesouros que garda o Consello da Cultura Galega.
A comarca de Ferrolterra foi unha das máis castigadas durante a guerra civil. Segundo o historiador, Xosé Manuel Suárez, neses tres anos foron paseadas ou fusiladas 776 persoas e un total de 904 ata a chegada da democracia. Entre a longa listaxe de vítimas da represión figuran o primeiro alcalde republicano de Ferrol, Xaime Quintanilla ,ou o presidente da deputación da Coruña, José López Bouza. Afondamos nestas figuras coa axuda da historiadora Ana Romero, biógrafa de Quintanilla, e de Carmen Mendiguchía, sobriña neta de López Bouza. Ademais, achegamos o testemuño de Dolores, que presenciou como detiveron e encarceraron a seu pai no verán de 1936.
Neste primeiro capítulo relatamos as consecuencias que tivo en Galicia o alzamento militar de 1936; sobre todo, entre os creadores e a clase política galega. Algúns morreron fusilados e paseados; outros foron encarcerados e , dos que se salvaron, moitos emprenderon o camiño do exilio. Repasámolo nunha reportaxe. Conversamos tamén con Conchi López, sobre o plan de exhumación de fosas realizado polo grupo Histagra en Galicia, e pulsamos a opinión de Matías Rodríguez da Torre, de Iniciativa Galega pola Memoria, despois de que o Partido Popular puxera en cuestión os crimes do franquismo na chamada “illa dos mortos”, na illa de San Simón.
Barbanza-Arousa | O Barbanza