Rianxo inaugura este xoves unha mostra que rende homenaxe a Virxinia Pereira

A praza de Padrón de Rianxo acolle este 1 de outubro a inauguración da mostra Virxinia Pereira. Dez voltas na vida, que xa se puido ver os días pasados na Estrada, vila natal da que fora a dona do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dunha exposición que achega á cidadanía o coñecemento sobre a […]
O artigo Rianxo inaugura este xoves unha mostra que rende homenaxe a Virxinia Pereira publicouse primeiro en O Barbanza. A praza de Padrón de Rianxo acolle este 1 de outubro a inauguración da mostra Virxinia Pereira. Dez voltas na vida, que xa se puido ver os días pasados na Estrada, vila natal da que fora a dona do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dunha exposición que achega á cidadanía o coñecemento sobre a
O artigo Rianxo inaugura este xoves unha mostra que rende homenaxe a Virxinia Pereira publicouse primeiro en O Barbanza.  

A praza de Padrón de Rianxo acolle este 1 de outubro a inauguración da mostra Virxinia Pereira. Dez voltas na vida, que xa se puido ver os días pasados na Estrada, vila natal da que fora a dona do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Trátase dunha exposición que achega á cidadanía o coñecemento sobre a vida e o legado de Virxinia Pereira, en palabras do Concello de Rianxo “unha muller esencial na historia de Galicia”.

A exposición, deseñada por Editorial Galaxia co asesoramento da escritora Montse Fajardo, foi promovida conxuntamente polos concellos de Rianxo e A Estrada no marco do irmandamento acordado entre ambos municipios.

A mostra poderase ver ata o 30 de xaneiro de 2027.

Este é o primeiro proxecto que impulsan conxuntamente os Concellos de Rianxo e A Estrada, logo da irmandade formalizada entre os dous municipios, un destino que é común, segundo salientaron os concellos, ao que compartiron Castelao e Virxinia.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas