Servizos Sociais da Pobra informa sobre axudas, prestacións e programas de interese para a veciñanza

A Concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, que dirixe Amparo Cerecedo, informa á veciñanza sobre diferentes axudas, prestacións e programas relacionados coa vivenda, as violencias sexuais, a ELA, a dependencia e o Programa de Turismo do IMSERSO. Desde a área municipal incídese na importancia de que a veciñanza coñeza e teña ao seu […]
O artigo Servizos Sociais da Pobra informa sobre axudas, prestacións e programas de interese para a veciñanza publicouse primeiro en O Barbanza. A Concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, que dirixe Amparo Cerecedo, informa á veciñanza sobre diferentes axudas, prestacións e programas relacionados coa vivenda, as violencias sexuais, a ELA, a dependencia e o Programa de Turismo do IMSERSO. Desde a área municipal incídese na importancia de que a veciñanza coñeza e teña ao seu
O artigo Servizos Sociais da Pobra informa sobre axudas, prestacións e programas de interese para a veciñanza publicouse primeiro en O Barbanza.  

A concelleira Amparo Cerecedo nunha imaxe de arquivo

A Concellería de Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, que dirixe Amparo Cerecedo, informa á veciñanza sobre diferentes axudas, prestacións e programas relacionados coa vivenda, as violencias sexuais, a ELA, a dependencia e o Programa de Turismo do IMSERSO.

Desde a área municipal incídese na importancia de que a veciñanza coñeza e teña ao seu alcance a información sobre os recursos aos que pode acceder. Neste sentido, os Servizos Sociais municipais ofrecen información e orientación ás persoas interesadas e apoio para resolver dúbidas sobre as distintas convocatorias.

Axudas para a adquisición ou autopromoción de vivenda

O Concello informa que esta convocatoria está dirixida a persoas menores de 36 anos que queiran adquirir ou autopromover unha vivenda en concellos galegos de ata 10.000 habitantes e cumpran os requisitos establecidos. O prezo de adquisición ou o custo da autopromoción non poderá superar os 250.000 euros e a subvención poderá cubrir ata o 20 %, cun límite de 15.000 euros por vivenda.

O prazo permanecerá aberto do 27 de agosto ao 16 de novembro de 2026, ou ata o esgotamento do crédito dispoñíbel.

Axudas para vítimas de violencias sexuais

Destínanse a mulleres, nenas e nenos vítimas de violencia sexual con residencia efectiva e empadroamento nalgún concello de Galicia, sempre que cumpran os requisitos económicos e teñan acreditada a condición de vítima. A contía varía segundo as circunstancias familiares e as situacións de discapacidade recollidas na convocatoria.

As solicitudes poderán presentarse do 24 de agosto ao 30 de outubro de 2026.

Axudas para persoas con ELA

As persoas maiores de 18 anos diagnosticadas de esclerose lateral amiotrófica (ELA) ou dalgún dos seus fenotipos, empadroadas nun concello de Galicia cunha antigüidade mínima de seis meses e cunha situación de dependencia recoñecida ou solicitada, poden acceder a estas axudas para sufragar gastos que non estean cubertos polo sistema público de saúde ou pola mutualidade correspondente.

Entre os conceptos a subvencionar figuran produtos de apoio, adaptacións da vivenda e da súa contorna, adquisición ou adaptación de vehículos, determinados servizos asistenciais privados e transporte para acudir a tratamentos ou centros asistenciais. A axuda pode cubrir ata o 100 % dos gastos subvencionábeis, cun máximo de 12.000 euros por persoa beneficiaria.

O prazo de solicitude abrangue do 6 de agosto ao 3 de novembro de 2026.

Prestación económica de asistencia persoal

Servizos Sociais dá conta tamén das novidades relativas á prestación económica de asistencia persoal, destinada a favorecer a autonomía das persoas en situación de dependencia en calquera dos seus graos.

A actualización correspondente á protección adicional da Comunidade Autónoma de Galicia ten efectos desde o 1 de maio de 2025 e realizarase de oficio nos departamentos territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade.

Programa de Turismo do IMSERSO

A comercialización das viaxes da tempada 2026-2027 comezará en Galicia o 14 de setembro para as persoas usuarias preferentes e o 15 de setembro para as non preferentes.

As persoas acreditadas recibirán a información necesaria para efectuar a reserva, que poderá formalizarse a través das plataformas de Turismo Social e Mundicolor, segundo corresponda, ou nas axencias de viaxes autorizadas.

Máis información

As persoas interesadas en coñecer con maior detalle os requisitos, prazos e procedementos poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, na praza da Constitución, nº 3, ou ao Centro Sociocomunitario, na rúa Castelao, nº 5.

Tamén están dispoñíbeis os teléfonos 981 832 764 e 881 866 280, así como o correo electrónico servizos.sociais@apobra.gal. Segundo a convocatoria, a información pode ampliarse igualmente a través dos servizos da Consellería de Política Social.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas