A Carreira Popular de Pascua, organizada polo Concello de Padrón, abre este 20 de marzo o prazo de inscrición para a súa 44ª edición que se celebrará o sábado 19 de abril. Esta cita, xa consolidada como un referente no calendario galego, está aberta a atletas de todas as idades, tanto federados como non federados. […] A Carreira Popular de Pascua, organizada polo Concello de Padrón, abre este 20 de marzo o prazo de inscrición para a súa 44ª edición que se celebrará o sábado 19 de abril. Esta cita, xa consolidada como un referente no calendario galego, está aberta a atletas de todas as idades, tanto federados como non federados.
A Carreira Popular de Pascua, organizada polo Concello de Padrón, abre este 20 de marzo o prazo de inscrición para a súa 44ª edición que se celebrará o sábado 19 de abril. Esta cita, xa consolidada como un referente no calendario galego, está aberta a atletas de todas as idades, tanto federados como non federados. Como é tradición, a saída terá lugar na praza de Macías, a partir das 10:30 horas, e todos os participantes teñen ata o mércores 16 de abril para inscribirse e unirse a esta festa deportiva.

A inscrición é gratuíta para as categorías escolares, mentres que os adultos que participen na proba absoluta deberán abonar 7 €.
A Carreira Popular de Pascua presenta varias categorías, que nesta edición adaptouse aínda máis aos diferentes niveis de idade e preparación.
Os primeiros en tomar a saída serán os corredores da categoría sub 6 (nados/as no ano 2020 e posteriores), que cubrirán unha distancia de 80 metros. Dez minutos máis tarde, ás 10.40, sairán os sub 8 que completarán 425 metros. Xa a partir das 10.50, farano os atletas sub 10, que percorrerán 625 metros, a mesma distancia que os sub-12 que participan a partir das 11.05 horas. A quenda da categoría sub 14, con dous quilómetros de percorrido, será ás 11.15 horas. Polo que respecta aos sub 16 e sub 18 sairán ás 11.30 horas cunha distancia de 3,5 quilómetros. A carreira absoluta, que engloba os sub 20, sub 23, sénior e máster, tomará a saída ao mediodía e terá un itinerario como é habitual de 13,3 quilómetros.
A proba terá unha única clasificación conxunta para todas as categorías, agás nas categorías sub 6 e sub 8, que non son competitivas. As persoas participantes recibirán un agasallo conmemorativo, e os escolares que crucen a liña de meta recibirán unha medalla.
Terán trofeo así mesmo os tres primeiros clasificados de cada categoría en competición cun trofeo especial de Pascua na proba absoluta, os tres primeiros equipos clasificados, o primeiro corredor e corredora local da proba absoluta, o participante de máis idade (trofeo Supermáster) e o club con máis corredores que finalicen a proba (trofeo Participación).
Servizos para os atletas
A organización ofrecerá servizos de duchas nos pavillóns municipais, gardarroupa, avituallamento intermedio e na liña de meta, e cronometraxe por chip. O evento tamén contará con servizos médicos e ambulancia para garantir a seguridade de todos.
Inscrición e bases
As inscricións estarán abertas ata o mércores 16 de abril e poden formalizarse na web www.deporticket.com. Poden consultarse as bases completas do evento e toda a información adicional na páxina oficial.
A organización lembra que os dorsais serán persoais e intransferibles, e a recollida realizarase o día da proba no Paseo do Espolón.
O Concello de Padrón convida “a todas as persoas interesadas a participar neste evento que cada ano reúne a máis corredores na nosa localidade, promovendo a actividade física e o espírito de comunidade”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza