Comeza o Maio Vintage Boiro con actividades comerciais, creativas e culturais para todos os públicos

Este sábado 2 de maio celébrase en Boiro un dos grandes acontecementos comarcais e galegos da ponte festiva do Día do Traballo e do Día da Nai: a edición 2026 do Maio Vintage Market, na rúa peonil de Boiro, organizado polo Concello coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o grupo de voluntariado […]
O artigo Comeza o Maio Vintage Boiro con actividades comerciais, creativas e culturais para todos os públicos publicouse primeiro en O Barbanza. Este sábado 2 de maio celébrase en Boiro un dos grandes acontecementos comarcais e galegos da ponte festiva do Día do Traballo e do Día da Nai: a edición 2026 do Maio Vintage Market, na rúa peonil de Boiro, organizado polo Concello coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o grupo de voluntariado
O artigo Comeza o Maio Vintage Boiro con actividades comerciais, creativas e culturais para todos os públicos publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este sábado 2 de maio celébrase en Boiro un dos grandes acontecementos comarcais e galegos da ponte festiva do Día do Traballo e do Día da Nai: a edición 2026 do Maio Vintage Market, na rúa peonil de Boiro, organizado polo Concello coa colaboración da Asociación Boirense de Empresas (ABE) e o grupo de voluntariado Turbina.

Como en cada edición, o Maio Vintage Market implica ás asociacións culturais, colectivos, hostalaría, comercio… que amosan o gran dinamismo de Boiro. Ademais, haberá artista como Peter Punk, Jara Ortiz, Coro Cores, DJ Esteban ou DJ Toño Ferreirós. Tamén participan no Maio Vintage Market colectivos e asociacións como Ambar ou Turbina.

A programación divídese en varios escenarios e esténdese ao longo da rúa Peonil con actividades para todos os públicos, que se mestura coa programación que levan a cabo directamente outros espazos e establecementos locais.

Podemos consultar todo o relativo ao evento no seu Facebook.

Programa do escenario principal

13:30 – Coro Cores

17:30 – Obradoiro de baile con Luizinho Astral

18:30 – Bingo Musical con Marga Loureda

20:00 – Karaoke con Esteban

Escenario rúa Borobó

12:30 – Dj Gafapasta

17:30 – Peter Punk (programación infantil)

18:30 – Jara Ortiz (programación infantil)

Mercado

19:00 – Dj Matrek

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas