O PSdeG-PSOE de Ribeira condenou o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo situado no Malecón de Ribeira, e demanda que se arranxe esta situación de forma urxente. “O monumento situado no Malecón de Ribeira non pode permanecer neste estado, polo que reclamamos unha resposta clara, inmediata e contundente por parte do Goberno local”, sinalan dende a agrupación socialista local. E engaden: “Non estamos ante dunha falcatruada nin un acto sen importancia, estamos diante dunha agresión contra un espazo de memoria democrática, […]
O artigo O PSdeG condena o ataque ao monumento das vítimas do franquismo no Malecón de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. O PSdeG-PSOE de Ribeira condenou o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo situado no Malecón de Ribeira, e demanda que se arranxe esta situación de forma urxente. “O monumento situado no Malecón de Ribeira non pode permanecer neste estado, polo que reclamamos unha resposta clara, inmediata e contundente por parte do Goberno local”, sinalan dende a agrupación socialista local. E engaden: “Non estamos ante dunha falcatruada nin un acto sen importancia, estamos diante dunha agresión contra un espazo de memoria democrática,
O artigo O PSdeG condena o ataque ao monumento das vítimas do franquismo no Malecón de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.

O PSdeG-PSOE de Ribeira condenou o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo situado no Malecón de Ribeira, e demanda que se arranxe esta situación de forma urxente.
“O monumento situado no Malecón de Ribeira non pode permanecer neste estado, polo que reclamamos unha resposta clara, inmediata e contundente por parte do Goberno local”, sinalan dende a agrupación socialista local.
E engaden: “Non estamos ante dunha falcatruada nin un acto sen importancia, estamos diante dunha agresión contra un espazo de memoria democrática, contra a dignidade das persoas represaliadas polo franquismo e as súas familias”.
A agrupación socialista afirma que “atacar este monumento é atacar tamén os valores de memoria, liberdade, xustiza e convivencia que deben presidir calquera sociedade democrática”.
“Cómpre lembrar, ademais, que este monumento non é patrimonio político dun só grupo nin responde a unha decisión illada, foi posíbel porque o PSOE e o PP pactaron uns orzamentos nos que a súa creación foi incluída como un punto non negociábel pola nosa parte, e foi inaugurado posteriormente co PSOE formando parte do goberno tripartito xunto co BNG e co PBBI”, subliñan.
“Polo tanto, todos os grupos políticos que hoxe forman parte da Corporación municipal comparten unha responsabilidade institucional común na defensa, conservación e respecto deste espazo de memoria”, engaden.
Por estas razóns, o PSdeG-PSOE “quere deixar claro que ante unha situación coma esta non podemos ficar neutrais”. “Ribeira non pode permitir que a intolerancia marque o espazo público nin que o desprezo ás vítimas se normalice”, indican.
Sinalan así mesmo que “a memoria democrática non é unha cuestión do pasado, senón unha responsabilidade diaria do presente”, polo que reclaman que o Concello “actúe de inmediato para reparar os danos e devolverlle ao monumento a dignidade que merece”.
O PSdeG de Ribeira anunciou que levarán este asunto ao pleno ordinario do próximo mes mediante unha moción, reclamando a súa tramitación con carácter urxente se a situación continúa sen resolverse. O obxectivo é “que a Corporación municipal se pronuncie con claridade e que se adopten as medidas necesarias para garantir a reparación, protección e respecto deste espazo”.
“Non se pode admitir que o Goberno local leve ao pleno iniciativas nas que pretende fiscalizar ou censurar expresións reivindicativas amparadas pola lei mentres permite que unha agresión contra un símbolo de memoria democrática permaneza sen resposta institucional”, salientan.
Para os e as socialistas, “a defensa da convivencia, da legalidade e da dignidade das vítimas non pode depender da comodidade política de cada momento nin dun goberno que non pode invocar a democracia só cando lle interesa”.
“Fronte a quen pretende manchar a memoria, cómpre responder con serenidade, pero sen neutralidade e con firmeza”, conclúen, recalcando tamén que “Ribeira debe estar sempre do lado da memoria, da liberdade, da dignidade, da xustiza e do respecto ás vítimas”.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
