Perez Barral urxe ao Goberno local a retomar a na renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que di que o Goberno local mantén “nunha parálise absoluta” a execución da renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira, unha actuación valorada en máis de 250.000 euros e que, segundo explicou o ex-alcalde portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, quedou “co proxecto aprobado e […]
O artigo Perez Barral urxe ao Goberno local a retomar a na renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira publicouse primeiro en O Barbanza. O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que di que o Goberno local mantén “nunha parálise absoluta” a execución da renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira, unha actuación valorada en máis de 250.000 euros e que, segundo explicou o ex-alcalde portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, quedou “co proxecto aprobado e
O artigo Perez Barral urxe ao Goberno local a retomar a na renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira publicouse primeiro en O Barbanza.  

O BNG de Ribeira emitiu un comunicado no que di que o Goberno local mantén “nunha parálise absoluta” a execución da renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira, unha actuación valorada en máis de 250.000 euros e que, segundo explicou o ex-alcalde portavoz do BNG, Luís Pérez Barral, quedou “co proxecto aprobado e cos cartos dispoñíbeis” durante a etapa do BNG no goberno municipal.

O ex-alcalde estivo acompañado polos membros do BNG Antía Alberte e José Sanmiguel, e sinalaron que esta actuación “non contou co voto a favor do PP a pesar de ser unha das demandas máis respaldadas pola veciñanza de Carreira na consulta popular impulsada cando Pérez Barral era alcalde no ano 2025 para coñecer as prioridades de investimento nas parroquias do municipio”.

“A renovación da grada do Campo de Fútbol de Carreira foi unha das actuacións máis votadas polos veciños e veciñas e demandada tamén polo club de fútbol e por iso decidimos destinar máis de 250.000 euros a unha obra necesaria e urxente”, sinalou o portavoz do BNG, ao tempo que advertiu “do deterioro e dos riscos que presenta actualmente a infraestrutura deportiva”. E engadiu: “Estamos falando dunha grada que neste momento está apuntalada por piares de obra e que podería virse abaixo ante un temporal ou unha situación meteorolóxica adversa. É unha necesidade urxente actuar canto antes”.

Desde o BNG amosaron a súa preocupación polo que cualifican dunha “falta de avances nun proxecto do que xa se encargara un estudo xeotécnico antes de rematar o ano 2025”. Criticaron así que “pasaron xa seis meses do ano 2026 e non temos nin sequera licitada a actuación. Estamos ante unha demora inxustificada e sen ningún tipo de información á veciñanza de Carreira nin aos grupos da corporación municipal”.

Durante a comparecencia, o portavoz do BNG tamén denunciou o que cualificou como “un intento do Goberno municipal de obstaculizar o traballo da oposición”. Segundo explicou Pérez Barral, “o BNG tiña acordado co club de fútbol a realización da rolda de prensa no interior das instalacións para que os medios puidesen comprobar o estado da grada, pero esta mañá recibiron unha chamada cunha orde expresa para impedirlles o acceso ao recinto”.

“Queremos denunciar o talante antidemocrático da alcaldesa e do PP, que pretende poñer trabas ao traballo de fiscalización que temos que facer como representantes públicos”, afirmou Pérez Barral.

O portavoz nacionalista cuestionou ademais “a decisión do Partido Popular ao tratarse dunha instalación municipal sen actividade no momento previsto para a visita”. Recoñeceu non entender “por que se lle pecha unha instalación municipal a concelleiros e concelleiras elixidos democraticamente pola cidadanía de Ribeira, especialmente cando non había actividade ningunha que puidese interferir”.

Desde o BNG aseguran que “continuarán co seu labor político e de contacto directo coa veciñanza”. E conclúen: “Non van conseguir calarnos. Imos seguir traballando da man dos veciños e veciñas, fiscalizando os proxectos e facendo propostas en positivo para Ribeira e as súas parroquias”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas