O actor e contador Alberte Montes estará o vindeiro mes no Centro Social de Escarabote (Boiro) para ofrecer ao público local o seu monólogo Galego pode selo calquera. A cita será o 25 de xullo ás 20.00 horas e a entrada será libre. A función encádrase no programa cultural da Secretaría Xeral da Lingua da […]
O artigo Alberte Montes estará o 25 de xullo en Escarabote co monólogo “Galego pode selo calquera” publicouse primeiro en O Barbanza. O actor e contador Alberte Montes estará o vindeiro mes no Centro Social de Escarabote (Boiro) para ofrecer ao público local o seu monólogo Galego pode selo calquera. A cita será o 25 de xullo ás 20.00 horas e a entrada será libre. A función encádrase no programa cultural da Secretaría Xeral da Lingua da
O artigo Alberte Montes estará o 25 de xullo en Escarabote co monólogo “Galego pode selo calquera” publicouse primeiro en O Barbanza.

O actor e contador Alberte Montes estará o vindeiro mes no Centro Social de Escarabote (Boiro) para ofrecer ao público local o seu monólogo Galego pode selo calquera. A cita será o 25 de xullo ás 20.00 horas e a entrada será libre.
A función encádrase no programa cultural da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta.
Alberte Montes demostraranos con este monólogo, dende o humor, que os tempos da vergoña de ser galegos e da autoxenreira xa pasaron e que “xa somos quen de defendernos con orgullo do estigma de ser quen somos combatendo os ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufándonos das nosas diferenzas”.
Ser galego, di, “non é só parar na escaleira e facerlle crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos; para ser galego hai que reunir moitas máis aptitudes… entre elas, falar con orgullo a lingua de Rosalía”.
Ata non hai moito pensábase que a baixa autoestima dos galegos era crónica pero Alberte Montes demostraranos dende o humor que non é así. Este mal ten cura e nesta función poderemos comprobalo.
Formado no Estudi Nancy Tuñón i Jordi Oliver de Barcelona, Alberte Montes segue ampliando os seus recursos actorais en distintos cursos de expresión corporal, voz, casting, clown ou loita escénica.
En teatro acumula máis de quince anos como profesional, xirando por España –sendo Galicia a comunidade onde máis traballou– en compañía e con espectáculos propios de stand up comedy. Neste xénero de comedia cómpre dicir que formou parte do elenco de cómicos da canle Comedy Central, onde gravou varios monólogos para o programa Central de Cómicos.
En Radio ten unha dilatada experiencia como colaborador e director de programas de entretemento en diferentes radios de Barcelona e ten colaborado no programa La Ventana da Cadena Ser os meses de verán dos anos 2019, 2020 e 2021. Dende hai dous tamén protagoniza, xunto a Silvio Falcón, o podcast Bueno carallo bueno.
En televisión ten colaborado en programas televisivos da produtora El Terrat como Salvados, Buenas noches y Buenafuente ou En el Aire e noutros da Televisión de Galicia como A Solaina, Tourilandia e Luar. Nesta canle protagonizou as series de comedia Do dereito e do revés e Augasquentes.
Alberte Montes tamén é guionista, director e locutor.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
