Aguiño rende homenaxe a Manuel Ayaso e a Lucía Rivas cun novo mural feito pola rapazada do CEIP Heroínas de Sálvora e impulsado pola AFLM

Aguiño estreou este curso un novo mural, en homenaxe ao artista local Manuel Ayaso e á súa dona Lucía Rivas. A obra comezou a facerse en maio e foi rematada agora en xuño (debido á climatoloxía) da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) en colaboración cun grupo de alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora, […]
O artigo Aguiño rende homenaxe a Manuel Ayaso e a Lucía Rivas cun novo mural feito pola rapazada do CEIP Heroínas de Sálvora e impulsado pola AFLM publicouse primeiro en O Barbanza. Aguiño estreou este curso un novo mural, en homenaxe ao artista local Manuel Ayaso e á súa dona Lucía Rivas. A obra comezou a facerse en maio e foi rematada agora en xuño (debido á climatoloxía) da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) en colaboración cun grupo de alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora,
O artigo Aguiño rende homenaxe a Manuel Ayaso e a Lucía Rivas cun novo mural feito pola rapazada do CEIP Heroínas de Sálvora e impulsado pola AFLM publicouse primeiro en O Barbanza.  

Aguiño estreou este curso un novo mural, en homenaxe ao artista local Manuel Ayaso e á súa dona Lucía Rivas.

A obra comezou a facerse en maio e foi rematada agora en xuño (debido á climatoloxía) da man da Asociación Francisco Lorenzo Mariño (AFLM) en colaboración cun grupo de alumnado do CEIP Heroínas de Sálvora, coordinado pola mestra Sara Reiriz, que é ademais directiva da asociación Francisco Lorenzo Mariño.

Trátase dun novo mural en homenaxe ao artista Manuel Ayaso Dios, collendo dous dos debuxos que o artista agasallou para a Casa da Cultura da parroquia, que leva o seu nome. Este mural, que xa está rematado é tamén o recoñecemento e lembranza da asociación e a comunidade escolar a Lucía Rivas, case un ano despois do seu pasamento o 22 de xuño de 2025.

Dende a AFLM lembran que “Lucía foi sen dúbida a musa de Ayaso, a súa dona e nai de Julian e Mónica, que preservou e defendeu o legado do artista; unha persoa solidaria que doou mancheas de obras para causas benéficas, artísticas e culturais ademais da metade da colección que o artista e ela doaron ao Concello de Ribeira”.

Engaden que “a relación de Ayaso e Lucía coa nosa entidade foi moi estreita dende o seu regreso a Galicia, así foi recoñecido en 2009 pola nosa asociación como Aguiñés das Artes ou se lle dedicou a Semana Cultural 2020 que dende fai máis de dúas décadas organiza a asociación, ademais de ser unha das entidades impulsoras e a solicitante ao Concello de Ribeira para que a Casa da Cultura da parroquia levase o seu nome”.

Lembran que Lucía regalou á asociación e ao Colexio de Aguiño materiais do pintor cando este faleceu, tales como papel, pinturas, pinceis, cores, etc para o Atelier do centro educativo que tamén leva o seu nome, xa que foi inaugurado polo propio Ayaso nunha visita e charla co alumnado que realizou en 2022 acompañado do xestor cultural municipal Unai González, amigo persoal que tamén propiciou a visita ao CEIP O Grupo en 2021 e a edición da publicación de poemas infantís e debuxos Paxarada que editou a ANPA Santa Uxía.

O mural conta cos logos da asociación, o colexio e a UPA Ribeira, xa que está pintado na fachada do local parroquial de Aguiño, tendo a colaboración e consentimento do párroco dende o principio. “É o segundo mural que realizamos, xa que en 2024 realizouse outro con motivo do primeiro aniversario do seu pasamento, no mes de maio”, sinalan dende a asociación.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas