A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) inaugurou este venres 12 de xuño na praza de España de Ribeira a nova edición (a sétima) da súa Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. Contouse coa presenza do presidente da Asociación, Francisco Martínez; o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila; o subdirector xeral […]
O artigo Os empresarios de Ribeira mostran o futuro da mobilidade na VII Feira de Vehículos Híbridos e Eléctricos publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) inaugurou este venres 12 de xuño na praza de España de Ribeira a nova edición (a sétima) da súa Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. Contouse coa presenza do presidente da Asociación, Francisco Martínez; o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila; o subdirector xeral
O artigo Os empresarios de Ribeira mostran o futuro da mobilidade na VII Feira de Vehículos Híbridos e Eléctricos publicouse primeiro en O Barbanza.
A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) inaugurou este venres 12 de xuño na praza de España de Ribeira a nova edición (a sétima) da súa Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. Contouse coa presenza do presidente da Asociación, Francisco Martínez; o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila; o subdirector xeral de Cualificación e Planificación da FP, Jesús Manuel Rodríguez; e a alcaldesa de Ribeira, María Fernández.

A feira celebrarase os días 12, 13 e 14 de xuño, achegando novamente unha oportunidade para que a veciñanza da localidade, da comarca e de Galicia poida coñecer as grandes novidades dun mercado en auxe: o da mobilidade limpa e ecolóxica.
Nesta edición participarán 10 concesionarios e 13 marcas.

Na inauguración o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, apuntou que “se Galicia quere avanzar na descarbonización da súa economía a transición ao ecosistema de mobilidade eléctrica e conectada é fundamental”. Amais, lembrou que o Goberno galego está a facer unha “clara aposta por incentivar a compra de vehículos menos contaminantes e eficientes a través do programa Renova o teu vehículo, que na última edición axudou a que os datos de matriculacións nos catro primeiros meses do ano en Galicia tiveran un repunte do 25 %, tres veces máis que a media nacional”.
Novidades desta edición
Como novidade, a feira contará cun espazo de foodtrucks non que se ofrecerán petiscos elaborados con produto do mar, grazas á colaboración co Restaurante Chicolino. Este ano tamén terá presenza o CIFP Coroso, coincidindo coa conmemoración do seu 50 aniversario. O centro disporá dun espazo informativo no que dará a coñecer a súa oferta formativa, especialmente no ámbito dous vehículos híbridos e eléctricos, un sector en pleno crecemento e con gran proxección de futuro.
Tras sete edicións, a feira consolidouse como un escaparate clave da innovación e da mobilidade sostíbel na comarca. Segundo destacaron os organizadores, “trátase da edición máis ampla ata o momento, coa presenza das principais marcas e os seus modelos máis innovadores”.
Así, a feira ofrecerá ao público unha ampla variedade de produtos, información e actividades formativas co obxectivo de dar a coñecer as novidades do sector e impulsar a adopción dos vehículos eléctricos.
O evento conta coa colaboración do Concello de Ribeira e da Xunta de Galicia.
A maiores ás 19.00 horas deste venres celebrarase na praza de España a presentación da colaboración entre a Asociación de Empresarios de Ribeira e a Asociación AGAPE. No acto participarán representantes de AGAPE, así como algúns dos seus usuarios.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
