Pesar pola morte de José Luis Galbán Fresco, histórico xefe de persoal de Jealsa

O persoal de Jealsa amencía este martes cunha amarga noticia: o falecemento de José Luis Galbán Fresco (Vilagarcía, 1941) , quen fose xefe de Persoal e Recursos Humanos da conserveira durante case cinco décadas e unha das figuras clave no desenvolvemento da empresa desde as súas orixes. Para varias xeracións de empregados, Galbán non representou […]
O artigo Pesar pola morte de José Luis Galbán Fresco, histórico xefe de persoal de Jealsa publicouse primeiro en O Barbanza. O persoal de Jealsa amencía este martes cunha amarga noticia: o falecemento de José Luis Galbán Fresco (Vilagarcía, 1941) , quen fose xefe de Persoal e Recursos Humanos da conserveira durante case cinco décadas e unha das figuras clave no desenvolvemento da empresa desde as súas orixes. Para varias xeracións de empregados, Galbán non representou
O artigo Pesar pola morte de José Luis Galbán Fresco, histórico xefe de persoal de Jealsa publicouse primeiro en O Barbanza.  

O persoal de Jealsa amencía este martes cunha amarga noticia: o falecemento de José Luis Galbán Fresco (Vilagarcía, 1941) , quen fose xefe de Persoal e Recursos Humanos da conserveira durante case cinco décadas e unha das figuras clave no desenvolvemento da empresa desde as súas orixes.

Para varias xeracións de empregados, Galbán non representou unicamente a figura dun directivo, senón a dun asesor, confesor e conselleiro próximo que mantiña sempre a porta aberta a quen necesitase axuda. Desde a compañía quixeron renderlle tributo lembrando o seu legado: «Falar de Galbán é falar dunha parte esencial da nosa historia.

Último adeus en Boiro
Os restos mortais de José Luis Galbán están a ser velados no tanatorio Santa Eulalia de Boiro. A condución do cadáver realizarase este mércores, 29 de xullo, ás 17:15 horas, con dirección á igrexa parroquial de Santa Eulalia de Boiro, onde se oficiará o funeral de corpo presente previo ao seu posterior enterro no cemiterio municipal.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas