A praza do Concello acolleu este mércores o pregón inaugural dás festas do verán de Ribeira de 2026, protagonizado pola veciña de Artes e reitora dá Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras Coa praza do Concello vestida de gala e fervendo de xente, a veciña da Teixoeira en Artes e reitora da Universidade […]
O artigo Ribeira rendeuse á emoción do mar e das súas raíces para dar o punto de partida ás festas do verán de 2026. A reitora Rosa Crujeiras pregoeira das festas publicouse primeiro en O Barbanza. A praza do Concello acolleu este mércores o pregón inaugural dás festas do verán de Ribeira de 2026, protagonizado pola veciña de Artes e reitora dá Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras Coa praza do Concello vestida de gala e fervendo de xente, a veciña da Teixoeira en Artes e reitora da Universidade
O artigo Ribeira rendeuse á emoción do mar e das súas raíces para dar o punto de partida ás festas do verán de 2026. A reitora Rosa Crujeiras pregoeira das festas publicouse primeiro en O Barbanza.

Coa praza do Concello vestida de gala e fervendo de xente, a veciña da Teixoeira en Artes e reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Rosa Crujeiras, foi a encargada de acender a mecha duns festexos que prometen cinco días de intensa actividade cultural, musical e colectiva.
O acto, celebrado este mércores, contou cunha ampla representación institucional. A pregoeira estivo arroupada pola alcaldesa, María Sampedro; o concelleiro de Festexos, Fernando Abraldes; o conselleiro de Cultura, José López; e a conselleira de Política Social, Fabiola García.
Na súa intervención para presentar á pregoeira, a rexedora María Sampedro non aforrou eloxios para Crujeiras, a quen definiu como un verdadeiro exemplo de inspiración para toda a veciñanza. Sampedro lembrou o fito histórico que supón que unha ribeirense sexa a primeira muller en acadar a Reitoría nos 531 anos de historia da USC, un logro que cualificou de «mérito colectivo». A rexedora aproveitou tamén para destacar a calidade do programa deste ano, deseñado para xerar grandes recordos entre pequenos e maiores.
Pero o momento máis emotivo da noite chegou cando Rosa Crujeiras tomou o micrófono. Cun discurso cargado de nostalxia e agarimo polo seu pobo natal, a reitora conectou de inmediato co corazón dos presentes:
«Hai lugares que nunca deixamos atrás. Mesmo cando marchamos, seguen connosco. Hai un arrecendo a salitre, unha luz sobre o mar, un recordo da infancia ou unha maneira de falar que nos acompañan toda a vida. Para min ese lugar é Ribeira. É Artes. A Teixoeira, onde nacín e medrei».
Crujeiras fixo énfase na riqueza e identidade das nove parroquias que conforman o municipio e no vínculo indisolúbel que gardan co mar, desexando a todos os veciños e visitantes uns días de festa nos que amosar unha Ribeira orgullosa da súa historia e con ollada firme cara ao futuro.
Co pregón xa pronunciado e os aplausos aínda resoando na praza, Ribeira arranca oficialmente cinco xornadas de celebrar na rúa, reecontrarse coas tradicións e compartir a ledicia do verán.

O pregón foi só o primeiro compás dunha máquina festiva que non se deterá ata o domingo. Tralas actividades infantís e deportivas do mércores, a esplanada da lonxa vella acolleu o primeiro prato forte musical da man da orquestra Panorama, encargada de facer bailar aos primeiros congregados ata ben entrada a noite.
A programación continúa este xoves 30 de xullo, xornada dedicada á Emigración. Trala habitual ruada das 10:00 e os espectáculos infantís na praza de Porta do Sol, a atención trasladarase á tarde coa inauguración da exposición Mulleres, de Jontxu Argibay (21:00 h, Centro Cultural Lustres Rivas), para culminar coa verbena da París de Noia no Malecón (23:00 h).
O venres 31, Día da Mocidade e Poboación Infantil, combinaranse opcións para tódolos públicos: desde o parque de inchables, o mercadiño solidario de A Creba e a festa da escuma no parque García Bayón, ata o torneo 3×3 de baloncesto na Pedra Pateira. Pola noite, o ritmo dividiráse entre o Ribeira Urban Fest na lonxa vella (con Lg1do) e a orquestra Olympus no Malecón.
O momento máis emotivo e tradicional chegará o sábado 1 de agosto, Día da Virxe do Carme. A xornada arrancará con sabor a mar grazas á gran sardiñada popular en Bandourrío e a degustación gratuíta de peixe da OPP83 na praza dos Mariñeiros. Pola tarde celebraráse a misa solemne (18:30 h) e a posterior procesión marítimo-terrestre, amenizada polas Cantareiras de Amas de Casa. Para a noite reservedouse un dos concertos máis agardados: Café Quijano na praza de España (23:30 h), ademais da orquestra Miramar no Malecón e a música na praza de Pontevedra con Planet Discomóbil e Mateo Abelleira.
As festas enfilarán o seu recta final o domingo 2 de agosto, dedicado aos máis maiores, co Orballo Cultural na praza de España (21:00 h), que contará coas actuacións de Catuxa Salom e Fillas de Cassandra. Ás 00:00 horas, os fogos de artificio dende o paseo do Touro iluminarán o ceo de Ribeira antes da derradeira verbena coa orquestra New York.
Como broche final, o luns 3 de agosto celebraráse o Día do Neno e da Nena con prezos populares nas atraccións de feira.
Máis alá da música e do ocio, o Concello de Ribeira puxo o acento no carácter inclusivo e seguro destas celebracións:
- Tramos sen ruído: Tódolos días, de 20:00 a 21:30 horas, a zona de atraccións apagará a música para garantir a participación de persoas neurodiverxentes ou con sensibilidade auditiva, contando ademais cun servizo de préstamo de cascos de redución do ruído a cargo de BarbanTEA no Malecón.
- Puntos Violeta: Habilitaranse espazos de información, atención e acompañamento fronte ás violencias machistas en puntos estratéxicos como a rotonda das Amas de Casa, o Malecón ou a praza de Pontevedra durante as franxas nocturnas de maior concorrencia.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
