O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) continúa esta tempada coas distintas homenaxes ás e aos artistas galegas/os coincidindo co seu 25 aniversario. Sen ir máis lonxe, este mes vaise inaugurar no MUGART a exposición titulada Macropsia, da artista luguesa membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Mónica Alonso. Terá lugar o sábado 29 […]
O artigo O MUGART inaugura o 29 de agosto a mostra “Macropsia” de Mónica Alonso publicouse primeiro en O Barbanza. O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) continúa esta tempada coas distintas homenaxes ás e aos artistas galegas/os coincidindo co seu 25 aniversario. Sen ir máis lonxe, este mes vaise inaugurar no MUGART a exposición titulada Macropsia, da artista luguesa membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Mónica Alonso. Terá lugar o sábado 29
O artigo O MUGART inaugura o 29 de agosto a mostra “Macropsia” de Mónica Alonso publicouse primeiro en O Barbanza.
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) continúa esta tempada coas distintas homenaxes ás e aos artistas galegas/os coincidindo co seu 25 aniversario. Sen ir máis lonxe, este mes vaise inaugurar no MUGART a exposición titulada Macropsia, da artista luguesa membro da Real Academia Galega de Belas Artes, Mónica Alonso. Terá lugar o sábado 29 de agosto ás 12.30 h na sala 1 do MUGART.

A exposición consta dun conxunto de 70 gravados e debuxos que teñen como espazo referencial a casa rural galega de planta cadrada na que naceu e viviu a artista durante parte da súa nenez.
Partindo do concepto de Espazo aprendido (este espazo é persoal e do seu estudo) podemos obter as claves para deseñar espazos propicios de benestar para cada individuo, base central das teorías actuais de psicohabitación da artista.
Despois de analizar os espazos materializados e chegando á conclusión de que son froito de episodios de macropsia vividos por ela na súa infancia. Os obxectivos desta exposición son: desenvolver unha teoría de interpretación dos espazos a través de planos da casa da infancia, dar forma a unha casa rural galega de planta cadrada realizados por un arquitecto, presentar os espazos deformados pola macropsia a través dos gravados e debuxos do ano 1993 e realizar os planos arquitectónicos dos espazos afectados pola macropsia.
O Museo do Gravado de Artes, o MUGART, expón agora a obra da artista Mónica Alonso. En palabras do Museo do Gravado, estamos ante “unha creadora que une, como poucas, a orixinalidade, o rigor conceptual e a sensibilidade”.
E engade o MUGART na ficha da exposición: “A casa é motivo central da mostra, vista dende o observatorio privilexiado da cama. O primeiro mundo que vemos, que imaxinamos, que soñamos, que tememos. A primeira atalaia ao espazo, mais non a un espazo obxectivo, que existe, senón un espazo experimentado, recreado, soñado, un espazo da memoria. Porque a casa da nenez, aínda baleira, está sempre habitada polo neno ou nena que fomos ou cremos que fomos, polas voces dos mortos, polos primeiros temores. As casas da infancia falan de nós e dos nosos, do vivido, o resto das nosas futuras casas xa só son exilio, ausencia orixinaria. Por iso a primeira casa, o noso primeiro niño, o noso refuxio (Miña casiña, meu lar…) e a nosa primeira visión do real transfigurado, estoupa sempre na memoria, sérvenos de catarse”.
O MUGART destaca tamén que “a exposición de Mónica Alonso amosa a grande coherencia da súa obra dende 1993, a importancia permanente da casa na súa experiencia artística, a natureza centrada dentro dun cuarto, en contraste coas margaridas, un cuarto, unha alcoba distorsionada non só pola macropsia, senón tamén a imaxe soñada, para que sexa o punto de vista do espectador o que sinale a visualización da realidade, do contraste, a imaxe dos soños”.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
