A Asociación Boirense de Empresas (ABE) ultima os preparativos da gala de entrega dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026, que se celebrará o vindeiro venres 20 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro. Unha cita que reunirá representantes do tecido empresarial local nunha noite pensada para recoñecer o talento, o esforzo e […]
O artigo A ABE prepara unha gala dos Premios á Excelencia Empresarial 2026 con David Perdomo como presentador publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación Boirense de Empresas (ABE) ultima os preparativos da gala de entrega dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026, que se celebrará o vindeiro venres 20 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro. Unha cita que reunirá representantes do tecido empresarial local nunha noite pensada para recoñecer o talento, o esforzo e
O artigo A ABE prepara unha gala dos Premios á Excelencia Empresarial 2026 con David Perdomo como presentador publicouse primeiro en O Barbanza.

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) ultima os preparativos da gala de entrega dos Premios ABE á Excelencia Empresarial 2026, que se celebrará o vindeiro venres 20 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria, en Boiro. Unha cita que reunirá representantes do tecido empresarial local nunha noite pensada para recoñecer o talento, o esforzo e a traxectoria das empresas e persoas que contribúen ao desenvolvemento económico de Boiro.
Un dos segredos mellor gardados desta edición era a identidade do presentador, que finalmente será o humorista e actor galego David Perdomo. Cunha ampla traxectoria na televisión, no teatro e no cine, Perdomo é unha cara habitual dos programas de humor da TVG, como Malo será!, e participou en series como Luci, Casa Manola ou Na Gloria. Tamén formou parte de distintas producións cinematográficas, entre elas Jacinto, A mazá dourada, +Cuñados e Rondallas. Ademais, está detrás de El Nicho, un dos podcasts de referencia no panorama actual.
A entrega dos galardóns contará tamén coa participación dos gañadores da pasada edición, que serán os encargados de entregar os premios ás novas empresas distinguidas nas categorías de Mellor Comercio e Mellor Empresa. Neste caso, entregarán os recoñecementos representantes da Libraría El Cisne e do Café Bar Os Fornos, nunha iniciativa que busca dar continuidade ao recoñecemento entre empresas e fortalecer os vínculos dentro da comunidade empresarial.

A música terá tamén o seu protagonismo da man da cantante Chiña, que será a encargada de poñer a banda sonora á velada e acompañar os asistentes durante a celebración.
Entre as novidades desta edición destaca a incorporación dun fotomatón, que permitirá aos asistentes levar de recordo unha tira de fotografías personalizada da gala. Esta proposta súmase ao tradicional photocall, que volverá ofrecer un espazo para inmortalizar a chegada dos convidados.
Ao remate do acto, os asistentes poderán compartir un viño e unha degustación de pinchos nun ambiente máis distendido, favorecendo o encontro e a relación entre as empresas participantes.
A asistencia á gala será exclusiva para as empresas asociadas á ABE e as persoas convidadas. O acceso realizarase mediante invitación física, que deberá solicitarse e recollerse previamente nas oficinas da asociación.
O aforo está limitado e as invitacións están próximas a esgotarse.
A ABE felicita novamente as empresas e persoas distinguidas nesta edición e agradece a implicación de todos os asociados, colaboradores e entidades que fan posible esta celebración.
Máis alá dos recoñecementos individuais, os Premios ABE á Excelencia Empresarial representan unha oportunidade para poñer en valor o talento empresarial local, fortalecer os vínculos entre empresas e reivindicar o orgullo de formar parte dunha comunidade empresarial comprometida co presente e o futuro de Boiro.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
