Axentes ambientais da Unidade de investigación de conservación da natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, comisaron 105 kg de berberechos extraídos de forma ilegal no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Os axentes realizaron operativos antifurtivismo nas madrugadas do 16 e do 30 […]
O artigo Comisados 105 quilos de berberecho extraído de forma ilegal do Parque Natural de Corrubedo publicouse primeiro en O Barbanza. Axentes ambientais da Unidade de investigación de conservación da natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, comisaron 105 kg de berberechos extraídos de forma ilegal no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán. Os axentes realizaron operativos antifurtivismo nas madrugadas do 16 e do 30
O artigo Comisados 105 quilos de berberecho extraído de forma ilegal do Parque Natural de Corrubedo publicouse primeiro en O Barbanza.

Axentes ambientais da Unidade de investigación de conservación da natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, comisaron 105 kg de berberechos extraídos de forma ilegal no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Os axentes realizaron operativos antifurtivismo nas madrugadas do 16 e do 30 de outubro, contando tamén coa participación dun garda de recursos naturais do parque natural.
Os operativos consistiron nunha vixilancia continua con visores térmicos na que se comprobou a actuación de 6 furtivos extraendo de xeito ilegal berberechos dentro do parque. Unha vez detectada esta actividade ilegal, estes berberechos foron incautados e devoltos ao medio, xa que se atopaban en boas condicións.
Os axentes da UICON seguen a realizar operativos antifurtivismo por toda Galicia, dado que se trata dunha unidade móbil de intervención inmediata con competencias en toda a comunidade.

A actuación enmárcase no plan operativo anual da UICON, unha brigada móbil integrada por oito axentes cunha alta capacitación técnica que puxo en marcha a Xunta este ano para “abordar materias que, pola súa complexidade e carga de traballo, requiren de especial dedicación, coñecementos específicos e habilidades e competencias particulares, así como dunha coordinación e estratexia única en todo o territorio galego”, informou a Consellería.
Así, a Lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia prohibe a extracción de recursos naturais en espazos naturais protexidos sen autorización, polo que os autores destas infraccións foron identificados e cunha acta de denuncia por infrinxir esta lei.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
