A Policía Local da Pobra do Caramiñal procedeu este luns 16 de novembro á localización dunha persoa sobre a que pesaba unha requisitoria xudicial de busca e presentación, emitida polo Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira. Os feitos tiveron lugar arredor das 10:40 horas, cando dous axentes da Policía Local realizaban labores de identificación […]
O artigo A Policía Local da Pobra localiza unha persoa con requisitoria xudicial pendente publicouse primeiro en O Barbanza. A Policía Local da Pobra do Caramiñal procedeu este luns 16 de novembro á localización dunha persoa sobre a que pesaba unha requisitoria xudicial de busca e presentación, emitida polo Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira. Os feitos tiveron lugar arredor das 10:40 horas, cando dous axentes da Policía Local realizaban labores de identificación
O artigo A Policía Local da Pobra localiza unha persoa con requisitoria xudicial pendente publicouse primeiro en O Barbanza.
A Policía Local da Pobra do Caramiñal procedeu este luns 16 de novembro á localización dunha persoa sobre a que pesaba unha requisitoria xudicial de busca e presentación, emitida polo Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

Os feitos tiveron lugar arredor das 10:40 horas, cando dous axentes da Policía Local realizaban labores de identificación e rexistros superficiais de tres varóns nun edificio situado na rúa Nova.
A intervención produciuse tras recibir avisos veciñais pola presenza dunha persoa que, supostamente, atopábase durmindo nas escaleiras do inmóbel. Durante a actuación, os axentes comprobaron que as persoas identificadas ían cara ao piso do edificio.
No transcurso das comprobacións de identidade, solicitouse a colaboración da Garda Civil da Pobra do Caramiñal para verificar os datos dunha das persoas presentes. Tras as consultas oportunas, confirmouse que sobre ela pesaba unha requisitoria xudicial de busca e presentación ante o Xulgado de Ribeira.
Ante esta circunstancia, a persoa foi trasladada ás dependencias da Garda Civil da Pobra do Caramiñal para realizar os trámites correspondentes e proceder á súa posterior posta a disposición xudicial ante o órgano que emitira a requisitoria.
Así mesmo, a Garda Civil da Pobra do Caramiñal continúa coas investigacións correspondentes, dado que sobre esta persoa constan varias denuncias por feitos que están a ser investigados por este corpo policial.
A actuación pon de manifesto a importancia da colaboración cidadá, da identificación preventiva e da coordinación entre os distintos corpos policiais para garantir a seguridade e o cumprimento das resolucións xudiciais.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
