O Concello de Ribeira fai fronte a tódalas violencias contra a muller con motivo do 25N

O Concello de Ribeira vai conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de accións que se estenden máis alá desta data e que poñen o foco novamente na educación para a consecución dunha sociedade máis igualitaria. Na presentación da axenda, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, xunto á […]
O artigo O Concello de Ribeira fai fronte a tódalas violencias contra a muller con motivo do 25N publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira vai conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de accións que se estenden máis alá desta data e que poñen o foco novamente na educación para a consecución dunha sociedade máis igualitaria. Na presentación da axenda, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, xunto á
O artigo O Concello de Ribeira fai fronte a tódalas violencias contra a muller con motivo do 25N publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Ribeira vai conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha serie de accións que se estenden máis alá desta data e que poñen o foco novamente na educación para a consecución dunha sociedade máis igualitaria.

Na presentación da axenda, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, xunto á directora do Centro de Información á Muller (CIM), Loli Crujeiras, explicaron na presentación do programa que “neste ano abranguemos diferentes tipos de violencias exercidas contra a muller, especialmente a dixital a través da campaña municipal, para sensibilizar á cidadanía sobre determinadas actitudes que son control mediante unha serie de actividades dirixidas, principalmente, aos centros de ensino con propostas adaptadas aos diferentes rangos de idade. Cremos que a educación é a base de todo e que é unha poderosa ferramenta de

transformación para erradicar a violencia de xénero. Por esta mesma razón, impulsamos obradoiros e espectáculos que contribúan a convertelos a eles en axentes de cambio xa dende idades temperás.

E o traballo para lograr unha sociedade máis xusta e igualitaria debe ser un compromiso que se amose diariamente ao longo de todo o ano, favorecendo tamén a conciliación e fomentando a corresponsabilidade nas tarefas do fogar e na crianza dos fillos e fillas”.

Como xa é tradición, o acto institucional con lectura de manifesto desenvolverase no propio 25 de novembro, ás 11.30 horas, na praza do Concello, coa participación da comunidade educativas, entidades locais e Corporación Municipal. En caso de chuvia, trasladarase ao Auditorio municipal.

A Administración local tamén impulsa unha campaña municipal: Desconéctate do control. As violencias machistas tamén son dixitais. Mulleres de diferentes etnias e idades protagonizan esta iniciativa que se centra na violencia dixital. Ademais, o Concello atópase adherido ás campañas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.

No que respecta a formación orientada á comunidade educativa figuran o circuíto de actividades para fomentar a prevención de violencia como preparación ao acto institucional do 25N para tódolos centros de Secundaria; o taller Sementes de cambio. Erradicando a violencia sexual, orientado ao IES Leliadoura; o obradoiro Transformar, para o IES Número 1; e o contacontos Príncipas e princesos, dirixido a Primaria.

Tamén se leva a pé de rúa a actividade de sensibilización Detrás dunha mente maltratada, que bota unha ollada ás consecuencias da violencia física e psicolóxica nas mulleres maltratadas. Amósase así o porqué de que se normalice unha situación de violencia, o porqué do bloqueo, porqué dos sentimentos de culpa, o porqué da falta de autoestima, o porqué do illamento e o porqué da dependencia. E, a maiores, recentemente impartiuse un Seminario de Defensa Persoal Feminina coa colaboración da Deputación da Coruña.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas