Este sábado celébranse en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola CRMHB

Este sábado 21 de novembro vanse celebrar en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB), en colaboración co Concello de Rianxo. Serán no Auditorio Municipal, a partir das 10.30 horas. As xornadas serán presentadas en rolda de prensa este mércores 18 de novembro […]
O artigo Este sábado celébranse en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola CRMHB publicouse primeiro en O Barbanza. Este sábado 21 de novembro vanse celebrar en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB), en colaboración co Concello de Rianxo. Serán no Auditorio Municipal, a partir das 10.30 horas. As xornadas serán presentadas en rolda de prensa este mércores 18 de novembro
O artigo Este sábado celébranse en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola CRMHB publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este sábado 21 de novembro vanse celebrar en Rianxo as Xornadas Xustiza e Memoria Histórica Democrática, organizadas pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza (CRMHB), en colaboración co Concello de Rianxo. Serán no Auditorio Municipal, a partir das 10.30 horas.

As xornadas serán presentadas en rolda de prensa este mércores 18 de novembro ás 11:30h no Concello de Rianxo.

Durante as xornadas as persoas participantes analizarán a actualidade da Lei de Memoria Democrática e a loita contra a impunidade e a xustiza universal.

Na xornada contarase coa presencia de Dolores Delgado, fiscal da Sala coordinadora de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Xeral do Estado, e Mª Encarnación Mayán Santos, fiscal do Tribunal de Instancia de Ferrol e fiscal delegada autonómica de Dereitos Humanos e Memoria Democrática na Fiscalía Superior de Galicia.

Para debater sobre a loita contra a impunidade contarase con Jacinto Bonilla, avogado e coordinador de apoio á Querela Arxentina contra os crimes do Franquismo, e con Irene Álvarez Francés, avogada e representante de CEAQUA en Galicia, que nos falarán dos obxectivos da Querela Arxentina.

Na rolda de prensa estarán presentes Julian Bustelo, alcalde de RIanxo, e Carlos Cimadevila Álvarez, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza, que serán os encargados de inaugurar a xornada do 21 de novembro, a partir das 10.30 horas.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas